Información
Galicia

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN O “INCUMPRIMENTO PREMEDITADO, CONTUMAZ E DESLEAL” DA LEI DA CRTVG

Información
26 Septiembre 2018 558 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Xoaquín Fernández Leiceaga reivindica a elección do director do ente no Parlamento e frear a manipulación política dos informativos que provocou os “venres negros”

 O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, responsabilizou hoxe ao presidente da Xunta polo “incumprimento premeditado, contumaz e desleal” da Lei da CRTVG aprobada hai 7 anos. Na sesión de control ao presidente da Xunta esixiu o freo á manipulación política do ente que provocou os 18 “venres negros” consecutivos por parte da plantilla.

 Acceso Suscriptores Xornal Galicia. María del Mar Sanchez Sierra Secretaría de Medios y su forma de adjudicar el dinero público..+   -   

O responsable socialista advertiu fronte á “preocupación, malestar e frustración” polo que denominou como “intervención dixital”, aludindo ironicamente ao proceso de transición dixital do ente. Lamentou que “o que sae e como sae –pola CRTVG- depende dos seus intereses partidarios e non do empeño en dar unha información obxectiva, contrastada e plural que mellore o noso diálogo público”.

Fernández Leiceaga esixiulle ao presidente da Xunta que cumpra coa Lei e nomee ao seu director xeral a partir dun acordo parlamentario, ademais de impulsar o Estatuto Profesional, o Consello de Informativos e o primeiro contrato – programa. Criticou que teñan sumido ao ente nunha situación “excepcional” co comité de Empresa asumindo as funcións contra a manipulación informativa competencia do Consello de Informativos.

O portavoz do Grupo Socialista enumerou os principais artigos que incumpriu o goberno galego, por canto vulneran as obrigas de produción propia -5-, sobre a dirección xeral -23-, o Consello Asesor -27-, os contratos programa -33-, ou o Estatuto Profesional e Consello de Informativos -36-.

Tamén incumpren o dereito de acceso supervisado pola autoridade audiovisual -39-, o control parlamentario sobre o contrato programa -48-, a autoridade audiovisual -49-, o prazo para a elección do director xeral –Disposición Transitoria 4ª-, ou o proxecto de Lei de Autoridade Audiovisual –Disposición Final 5ª-.

Persecución a xornalistas

Fernández Leiceaga sinalou que “a privatización avanza máis alá dos límites legais e ábrese expediente a xornalistas críticos”, logo do inicio dun expediente disciplinario por un “motivo ridículo” a Tati Moyano despois de que aludira á manipulación política do ente e aos venres negros nun acto público diante do presidente da Xunta.

Aludiu ao empeño do presidente da Xunta de desvincularse desta “represalia” e puntualizou que “como non fixo nada para que abriran o expediente, tampouco faga nada, pero que desapareza o expediente disciplinario aberto”.

Tamén replicoulle ao presidente da Xunta, quen aludiu á situación de CRTVE onde, explicou Leiceaga, “funciona un Consello de Informativos, a directora xeral de Informativos tivo un 85 por cento de respaldo nun referendo non vinculante entre os traballadores, e hai en marcha un concurso público para elixir ao seu director.

 Acceso Suscriptores Xornal Galicia. María del Mar Sanchez Sierra Secretaría de Medios y su forma de adjudicar el dinero público..+   -   

Otros articulos relacionados.....