O Comité Intercentros da CRTVG repudia a opinión do columnista de El Correo Gallego, Antón Trabanca, que insinúa sabotaxes nos telexornais por parte de traballadores

Información
Galicia | 05 Octubre 2018 | 3410 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A representación sindical dos medios públicos pídelle ao director xeral da CRTVG que defenda a profesionalidade de todo o persoal

 

San Marcos, 5 de outubro de 2018

O Comité Intercentros considera inadmisible a opinión verquida hoxe

na columna de El Correo Gallego “Que din os rumorosos” por parte de Antón

Trabanca, na que sementa as dúbidas sobre se “se están a producir

pequenas sabotaxes nos telexornais da TVG” por parte de “persoas

dispostas a todo”.

O columnista, que aparenta descoñecer o contexto de fonda mudanza

tecnolóxica polo proceso de dixitalización que está a acometer a televisión

pública estes días, permítese insinuar que “os reiterados fallos técnicos que

se están producindo nos programas informativos: videos que entran

cortados, conexións que se producen con retardo, cortes inxustificables de

declaracións....parecen demasiados erros para englobalos no cupo dos fallos

humanos sen intención”.

O Intercentros enmarca esta provocación no contexto de protesto

xeralizado do persoal dos medios públicos, que leva vinte semanas

denunciando a manipulación informativa e o desmantelamento da CRTVG a

través dos chamados “venres negros” -iso ao que o columinista se refire

como que “as augas baixan revoltas”-, e apunta a que Antón Trabanca

responde aos intereses de quen, desde a súa posición de poder, non tolera a

demanda duns medios públicos independentes e ao servizo de todos os

galegos e galegas.

O comité solicitóulle por escrito esta mesma mañá ao director xeral da

CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, que desminta públicamente esta grave

difamación que atenta contra a dignidade dos e das profesionais dos medios

públicos de Galiza.