Información
Galicia

En Marea esixe explicacións ao presidente da Xunta polos “comportamentos mafiosos" de dous cargos da Xunta acusados pola Fiscalía de acoso inmobiliario

Información
18 Octubre 2018 380 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

64660aa8 d464 4126 87b5 cd307d349661O Goberno galego estase a comportar como o peor dos fondos voitre deixando en evidencia o que entende o Goberno de Núñez Feijóo por política de vivenda O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, afirmou que “a realidade é demoledora coas políticas de Feijóo” xa que os datos oficiais amosan un incremento do 4,6 por cento no número de desafiuzamentos e unha media diaria de tres persoas que perden a súa casaA deputada Luca Chao presenta unha Proposición non de Lei para que a Xunta avance no regulamento do mercado de vivenda de uso turístico, que xa está a provocar un problemático incremento dos prezos do aluguer en cidades como Santiago ou Ourense

 

Audio Antón Sánchez: 
https://gal.us12.list-manage.com/track/click?u=124110c5c4ca02bed7d557215&id=b3fdf24cb4&e=2cc25ffe61 

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018.- O vicevoceiro de En Marea denunciou os comportamentos mafiosos por parte que está a levar a cabo a Administración galega sobre os que o presidente da Xunta debe dar explicacións de xeito inmediato despois de se coñecer a decisión da Fiscalía de investigar a dous cargos da Xunta por acoso inmobiliario contra unha muller de 93 anos que vivía nunha vivenda dentro dun edificio propiedade da Xunta de Galicia.“Esiximos ao presidente da Xunta de Galicia ante este comportamento mafioso por parte do seu goberno que está a actuar como o peor dos fondos voitre e que escenifica perfectamente o que significa para a Xunta as políticas de vivenda” declarou Antón Sánchez. O vicevoceiro realizou estas declaracións nunha rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia na que reclamou un cambio radical das fracasadas políticas en materia de vivenda do Partido Popular coas que se está a atentar contra o dereito das persoas a unha vivenda digna. “A realidade é demoledora de Feijóo” afirmou Antón Sánchez quen salientou o incremento do número de desafiuzamentos e lanzamentos durante o pasado ano, un 4,6 por cento máis segundo datos oficiais. Isto implica unha media de 3 persoas que cada día perden a súa vivenda no noso país e unha vez máis os máis afectados son a mocidade e colectivos máis vulnerables como mulleres con fillas e fillos a cargo.
 
O vicevoceiro de En Marea destacou o espectacular incremento dos desafiuzamentos por non poder pagar o aluguer. “Mentres este drama diario sucede a política da Xunta é seguir apostando por fomentar burbullas e especulación, neste lugar do alugueiro” denunciou Sánchez. Así, lembrou medidas como a aprobación de privilexios fiscais a fondos voitre para investir en vivenda de aluguer, o bloqueo da lei de facendas locais para que non se puideran poñer recargas en vivendas baleiras de grandes posuidores, sempre defendendo aos grandes propietarios e bancos.
 
Pero tamén referiuse aos “parches” da Xunta de Galicia que foron outro fracaso xa que non pretendían cambiar o modelo. Así, o pasado ano a execución orzamento de programa axuda a acceso á vivenda foi do 45 por cento. O programa estrela de vivendas baleiras tivo unha execución do 3,2 por cento a penas 10.000 euros e dos 54 concellos adheridos so se conseguiron 16 vivendas a disposición. Tamén na construción de vivenda protexida os datos son alarmantes. Cando chegou Feijóo ao goberno galego construíanse 1.200 vivendas de protección oficial e 2.900 no 2010. Fronte a isto os últimos anos temos 15 vivendas en 2015, 4 en 2016, e 12 en 2017. “Non é casualidade senón produto deliberado das decisións do Partido Popular. Fan política de facer que fan pero non solucionan nada” incidiu Antón Sánchez.
 
Outro dos anuncios do Goberno galego relativo á vivenda foron as axudas para fixar poboación no rural que se se analizan e tendo en conta o límite de 10.800 euros de límite por beneficiario, co orzamento que se destinará a este programa daría unicamente para 18 vivendas en todo o país.
 
Antón Sánchez anunciou que o seu grupo presentará nas vindeiras semanas unha proposición de Lei na que se presentarán unha serie de medidas orientadas a dar solución aos graves problemas de vivenda no noso país. Unha das medidas será un parque público de alugueiro social que dea acceso real a unha vivenda a todas as persoas que o precisen. Así mesmo, regular os prezos ten que ser regulado e que non sexan os especuladores, que o 30 por cento do solo se reserve para protección, aplicar un recargo para vivendas baleiras de grandes propietarios, obrigar a os bancos da Sareb a que se poñan a disposición pública ou aprobar xeitos eficientes de mobilizar as vivendas baleiras, entre outras.REGULAR O ALUGUER DE VIVENDAS DE USO TURÍSTICO
En Marea tamén ten dado forma a unha Proposición non de Lei, que a deputada Luca Chao presentou este xoves no Parlamento de Galicia, para regular o mercado de vivendas de uso turístico e frear o incremento desmedido que xa están a experimentar os prezos do aluguer, particularmente en cidades como Santiago de Compostela ou Ourense.   O 50% do casco histórico compostelano atópase a día de hoxe destinado a usos turísticos. Un sector emerxente e de importancia estratéxica no que, porén, proliferan os alugueres ilegais. Así o explica Luca Chao, que cifra no entorno das 3.000 as vivendas turísticas ilegais existentes unicamente na capital galega.  "A problemática asociada á proliferación de vivendas turísticas ilegais é numerosa. Cómpre falar do diñeiro furtado ás arcas públicas. Mais tamén das dificultades dos universitarios e da poboación local para afrontar o consecuente incremento dos prezos de aluguer", indica a deputada de En Marea. Que lembra a tendencia que xa está a sufrir a poboación da cidade de Ourense, onde está a darse un traslado forzoso da poboación local cara a lugares da periferia debido ao incremento dos prezos do aluguer. Así como as dificultades cada vez maiores que a comunidade universitaria ten para poder aceder ao aluguer dun piso en Santiago de Compostela.  "Asistimos á substitución do uso residencial por un uso turístico pouco sostible. Expertos do sector advirten de que o mercado turístico está alimentando a burbulla inmobiliaria sen que a administración faga nada", indica Chao, que alerta da necesidade de que a administración tome medidas efectivas neste senso. "Ano e medio despois da aprobación do Eecreto no que se establece a ordenación de vivendas turísticas en Galicia, semella que éste ten sido claramente insuficiente para abordar a proliferación de pisos ilegais", expón a deputada.  En Marea alerta do significativo efecto que o incremento de pisos turísticos está a ter na redución dos alugueres ordinarios. Segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, Fegein, no ano 2017 había 7.000 vivendas para arrendar no mercado da comunidade. Ao peche do terceiro trimestre deste ano, a cifra caeu ata os 4.300 pisos (un 39% menos). "Para que nos fagamos unha idea do que isto significa, basta dicir que agora mesmo en Santiago hai máis pisos turísticos que pisos dispoñibles para aluguer tradicional".  Así as cousas, En Marea insta á Xunta de Galicia a "presentar, antes de que remate este ano, un informe detallado que inclúa o número de vivendas turísticas legalizadas á luz do devandito decreto, respecto aos concellos nos que se sitúan. Así como os datos que ten a Xunta respecto aos pisos ilegais, as inspeccións realizadas e os expedientes sancionadores abertos.

Ademais, a formación aposta por modificar o devandito decreto para que nos anuncios de alugueiro, sobre todo nos que se atopan nas plataformas web, se publique o número de rexistro de cada vivenda; se estableza unha diferenciación entre propietarios individuais que alugan temporalmente as súas vivendas (menos de tres meses ao ano) e os propietarios de vivendas dedicadas exclusivamente ao alugueiro turístico; e para que as vivendas turísticas localizadas en zonas especialmente sensibles, como os casos históricos protexidos, precisen dunha autorización previa dos concellos nos que se radican.

Otros articulos relacionados.....