Información
Galicia

Paro total e protagonismo das mulleres no primeiro día de folga "histórica" nos elaborados do mar ante unha Conselleira incapaz de defender ao sector

Información
23 Octubre 2018 852 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

CIG-Mar valora como un “éxito total” a primeira xornada dunha folga protagonizada polas mulleres, maioritarias no sector, que desde primeiras horas da madrugada logaron paralizar por completo a industria galega dos conxelados. Segundo a federación, a vontade unánime de loita demostrada hoxe debe facer rectificar á patronal, que “valorou mal a situación” e provocou unha folga que, alén da reivindicación salarial, se centra na inclusión de dereitos básicos no convenio estatal. Compre subliñar que as asociacións das mulleres afins a Rosa Quintana ANMUPESCA non se posicionaron nenn deron a cara por as mulleres en folga.

“É unha folga histórica porque non se cinxe, tal e como algúns querían, á reclamación salarial, se non que é unha folga por dereitos, principalmente das mulleres”. Así afirmou hoxe Xabier Aboi, da CIG-Mar, que salientou que o seguimento foi total en industrias da provincia de Pontevedra como Fandicosta, Numarsi, Mascato, Pereira ou Cabomar, cunha “resposta magnífica” por parte do persoal.

Lembran que o convenio estatal, expirado en 2015, é dos máis precarios de todo o ámbito da alimentación, cunha perda importante de poder adquisitivo nestes últimos anos. Neste sentido, reivindican, entre outras demandas, que a finais de 2020 o salario máis baixo poida acadar os 14.000 euros. 

As mulleres plantaron cara a unha patronal e gobernos que pretenden que continúen a ser  man de obra barata 

 Esixen, tamén, limitar o masivo traballo temporal e evitar a implantación de novas fórmulas abusivas como empresas multiservizos ou falsas cooperativas. Alén diso, reivindican pluses de refrixeración, dadas as condicións de frío e humidade no que decorre o traballo.

Non obstante, e nun sector onde as mulleres representan entre o 75% e o 85% do total dos cadros de persoal, cobra maior relevancia a loita por dereitos tan básicos como conciliación, reducións de xornada, licenzas, permisos retribuídos para poder levar as crianzas ao centro de saúde, etc.

“Hoxe, as mulleres plantaron cara a unha patronal e uns gobernos que pretenden que continúen a ser carne de canón e man de obra barata polo grande sacrificio que fan”, sostén a federación, á vez que recomenda ao empresariado unha “fonda rectificación” que supoña aceptar as reivindicacións dun sector “que espertou e petou na mesa”.

Responsabilizan, tamén, á Xunta de Galiza, á que acusan de complicidade coa patronal por non se ter implicado nunha problemática “que vén de lonxe”.

A folga continuará os vindeiros mércores 24 e xoves 25 de outubro, con expectativa de repetir o éxito da primeira xornada, segundo a CIG-Mar.

A CIG-Mar reivindica un convenio galego

A federación continúa a reivindicar, pola súa banda, a necesidade estratéxica de contarmos cun convenio galego “que podería traer moitos beneficios” ao persoal dos elaborados do mar. Enfatiza, ademais, o “enorme prexuízo” de negociar en Madrid un convenio estatal que afecta unha actividade cun peso do 75% en Galiza e cuxa patronal maioritaria ten a sede en Vigo.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....