Información
Galicia

Formoso aposta por “dar visibilidade” ás mulleres do rural “que contribuíron a construir a Galicia que hoxe coñecemos”

Información
24 Octubre 2018 837 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
González Formoso aposta por “dar visibilidade” ás mulleres do rural “que contribuíron a construir a Galicia que hoxe coñecemos”

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller da Rural, a Deputación da Coruña e A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) organizaron hoxe en ExpoCoruña un acto conmemorativo que reuniu a máis de 500 mulleres que residen e traballan en diferentes municipios rurais da provincia co obxectivo de “facer visible e recoñecer publicamente o papel decisivo das mulleres no desenvolvemento social e económico do rural galego”.

 

Así o afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, durante o discurso inaugural desta xornada, que contou tamén coa asistencia  das presidentas autonómica e estatal da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur), Rosa Arcos e Teresa López, e do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, entre outros.

A muller como motor do mundo rural

Valentín González Formoso destacou que “en Galicia, a muller foi historicamente, e segue a ser, o motor do medio rural”, contribuíndo co seu traballo na gandaría, a agricultura ou no sector pesqueiro e marisqueiro á produción de materias primas de primeira calidade, sobre as que se asenta boa parte da economía dos municipios máis pequenos e rurais.

Asemade, o presidente provincial subliñou a “decisiva contribución” feminina para manter, xeración tras xeración, a cultura popular e a nosa identidade propia. “Para construír a Galicia que hoxe coñecemos”, afirmou.

Apoio  ao emprego e a igualdade no rural coruñés

“O noso compromiso dende a Deputación é que vivir e traballar no rural non supoña un sobresforzo. Investimos cada ano millóns de euros para mellorar os servizos e infraestruturas públicas do rural, contribuímos a fomentar o emprego e o emprendemento, apoiamos ao sector agrogandeiro, ás mancomunidades de montes, aos nosos pescadores e mariscadoras, ao amplo tecido asociativo das nosas vilas e pobos”, afirmou Valentín González Formoso.

Malia o papel decisivo das mulleres na economía rural, Formoso lembrou que as mulleres seguen a vivir unha situación de desigualdade e precariedade laboral, pois só 6 de cada 10 cotizan nalgún sistema de protección social e os seus  salarios seguen sendo un 30% máis baixos ca os dos homes.

No mesmo sentido pronunciouse a presidenta de Fademur en Galicia, Rosa Arcos, que agradeceu o apoio da Deputación “para poñer o foco nos nosos problemas”, entre os que a igualdade “é o principal reto” e demandou “maior presenza das mulleres rurais na vida pública”, xa que en Galicia só 45 dos 313 concellos contan cunha alcaldesa ao fronte.

O futuro do rural, nas mans das mulleres

“Sen explotacións familiares e sen o traballo das mulleres que hai detrás delas non hai futuro para o rural, para as nosas vilas e aldeas. As mulleres do rural contribúen co seu traballo a frear o despoboamento, a paliar as consecuencias do envellecemento, a fomentar a economía e a vida das nosas aldeas”, afirmou a presidenta de Fademur Galicia, que reclamou “maior visibilidade e apoio” para este colectivo con accións concretas como o desenvolvemento da Lei de titularidade compartida das explotacións agrarias.

Arcos sostivo que “o futuro do rural está nas mans das mulleres” e pediu un maior compromiso e implicación por parte das administracións competentes para visibilizar o traballo feminino e para fomentar cuestións como a formación e o emprendemento no medio rural. “Agora é o noso momento. O momento de emprender, de modernizarse, de facernos visibles…o momento da igualdade”, afirmou.

Recoñecementos ás iniciativas das mulleres no rural

O acto de hoxe incluíu unha entrega de galardóns que pretenden recoñecer o labor das mulleres rurais en distintos ámbitos.

A cantante cedeiresa Guadi Galego, a política camariñá Marisol Soneira, e as empresas de elaboración artesá de zocos Zoclos (Oroso) e produtos lácteos e cárnicos Casa Castro de Grixalba (Sobrado), foron galardoadas este ano pola súa aposta polas mulleres do rural.

Guadi Galego (Cedeira, 1974) é unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia. Cunha intensa traxectoria ás súas costas antes de iniciar a súa carreira en solitario, foi gaiteira e voz principal do grupo Berrogüetto e intérprete e compositora dos proxectos colectivos Nosdestin@s, Espido e aCadaCanto. Un dos seus temas máis coñecidos, “Matriarcas”, reivindica o papel das mulleres na vida cotiá da Galicia rural e en “Cedeira” homenaxea á súa localidade natal.

O taller de elaboración artesá de zocos Zoclos é unha iniciativa empresarial de Eva María Carreira. Zoclos creouse hai cinco anos en Sigüeiro (Oroso). Alí elaboran zocos de xeito artesanal con madeira de bidueiro e pel natural procedente dunha curtiduría de Carballo, sen empregar ningún tipo de material sintético. Os seus deseños son absolutamente personalizados.

Casa Castro é unha explotación familiar agraria situada en Grixalba (Sobrado dos Monxes) dende hai tres xeracións. Logo de anos de padecer a crise do sector lácteo, a sociedade decidiu diversificar a súa produción na procura de produtos de maior valor engadido.  Así, comezaron a elaboración do xeado artesanal “Borboriño”, elaborado a partir da leite da súa explotación, que se fai nun obradoiro de Melide. A empresa está iniciando unha nova de produción no sector cárnico, apostando pola cría en liberdade de porcos da raza duroc. A encargada de recoller o galardón foi Sandra Aldrey Martínez.

Marisol Soneira Tajes (camariñas, 1954) é unha política de Camariñas. Conta cunha dilatada traxectoria de compromiso coa súa comarca e foi unha das impulsoras da recuperación e promoción do oficio das palilleiras e da Mostra do Encaixe. Foi concelleira e deputada no Parlamento de Galicia, desenvolvendo tarfefas como portavoz das áreas de Emigración e Medio Rural.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+