Información
Galicia

XXXI Festa da Castaña de Folgoso do Courel

Información
30 Octubre 2018 1070 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

4.000 euros para a organización desta cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, na que se poñerán á venda 700 quilos de castañas, un produto autóctono co selo de Indicación Xeográfica Protexida

O Goberno colabora coa Festa da Castaña dentro da súa aposta por poñer en valor e dar a coñecer os produtos autóctonos da provincia, como un recurso económico capaz de xerar riqueza, especialmente no rural

Ademais, a aposta polos recursos naturais e senlleiros é unha das liñas de traballo que recolle o Plan Estratéxico de Turismo da Deputación, para que cada vez máis persoas se acheguen a coñecer os municipios lucenses

A XXXI Festa da Castaña de Folgoso do Courel celebrarase este sábado, 3 de novembro, na parroquia de Seoane, co principal patrocinio do Goberno da Deputación. O Executivo Provincial colabora con esta cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, cunha achega de 4.000 euros, para contribuír a potenciar a calidade deste froito, que conta co selo de Indicación Xeográfica Protexida, así como dos numerosos recursos naturais dos que dispón este municipio da Montaña Lucense.

Deste xeito, o Goberno colabora coa Festa da Castaña dentro da súa aposta por poñer en valor e dar a coñecer os produtos autóctonos da provincia, como un recurso económico capaz de xerar riqueza, especialmente no rural. Así, durante a xornada do sábado poñeranse á venda 700 quilos de castañas, a un prezo de euros, o que supón un volume de negocio duns 1.400 euros para os produtores.

O Executivo da Deputación colabora ao longo do ano con numerosas citas gastronómicas, culturais e deportivas, nos 67 concellos da provincia, coas que dinamizar a economía a través do turismo, pois son eventos que logran reunir a un elevado volume de visitantes. Esta é unha das liñas de traballo que recolle o Plan Estratéxico de Turismo, co que se busca aproveitar os recursos naturais e senlleiros da provincia, como neste caso a castaña, como unha oportunidade para que cada vez máis persoas se acheguen a coñecer os municipios lucenses.

Importancia económica
A comercialización da castaña e os seus derivados é unha importante fonte de ingresos na zona do Courel. De feito, na Comarca da Montaña, na que se inscribe este municipio, é, con máis de 1.100 hectáreas de soutos, unha das máis destacadas de Galicia en canto a superficie cultivada e producción, con máis de 40.000 castiñeiros. Son, na súa maioría, PEMES e autónomos que se encargan da súa recollida, tratamento e comercialización, e que contan co apoio da Deputación.

Festa de Interese Turístico Galego
A Festa da Castaña do Courel chega a súa XXXI edición este mércores en Folgoso do Courel. Os actos comezarán ás 12:00 horas coa actuación do grupo Cantores do Caurel. Ás 13:00 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo do chef Miguel González Quintela. Despois, será o turno do grupo de música tradicional Quenindiole. Ao longo da maña, haberá degustación gratuíta de castañas asadas e viño da zona. A tarde estará amenizada por música tradicional e charanga. Ás 20:00 horas, actuará o grupo Carta de ajuste. A xornada festiva rematará cunha verbena ás 21:30 horas. No campo da feira haberá postos de comida e de venta de artesanía local. O ano pasado consumíronse 700 quilos de castañas durante a celebración da festa, que data de 1986, alternado o lugar entre Seoane e Folgoso do Courel. A cita, á que asisten cada ano milleiros de persoas, foi declarada en 2012 Festa de Interese Turístico de Galicia.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+