Información
Galicia

Xoaquín Fernández Leiceaga reivindica unha “estratexia conxunta” dos grupos da oposición fronte ao “trágala” dos populares

Información
05 Noviembre 2018 738 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou hoxe o “fraude democrático” do PP ao impoñer o seu veto ás propostas da oposición na Comisión de Investigación sobre os recortes na sanidade. Así o dixo logo de que a semana pasada os tres grupos que impulsaran este órgano se viran obrigados a abandonalo logo de que o PP “non quixera nin sentarse a discutir” sobre o plan de traballo.

 

O PP, dixo, quixo impoñer un “trágala” á oposición cunha Comisión de Investigación que incluía o estudo do falecemento dun paciente no PAC da Estrada este pasado mes de agosto. Criticou que o PP pretendera impedir a comparecencia dos altos cargos do PAC, dos familiares do falecido, os médicos afectados polo suceso ou a responsable da Eoxi de Santiago, que ten que fixar as quendas e as substitucións.

Considera “gravísimo” que o PP impoña a súa lista de comparecentes gardándose a potestade de decidir sobre a proposta da oposición nunha práctica que vulnera o respecto ao pluralismo e o respecto ás minorías. Lembra que o Regulamento do Parlamento abre a posibilidade á creación dunha Comisión de Investigación por Lexislatura por iniciativa da oposición, pero a realidade é que “na práctica é bloqueada polo PP”.

Por iso, sinalou, a súa resposta á creación da Comisión foi convertela nun “desfile de altos cargos do Sergas, do PP e da Xunta para dar unha visión idílica do funcionamento do sistema sanitario” e considera “inaceptable” que o grupo maioritario queira “ocultar voces discrepantes e posicións críticas”.

Estratexia conxunta

Fernández Leiceaga reivindicou unha “estratexia conxunta” dos grupos da oposición, confirmou que mantén “tódalas opcións abertas para que se respecte a autonomía dos grupos” e asegurou que “non imos permanecer pasivos fronte á actitude do PP”. Apuntou á “obriga de impulsar unha visión crítica da sanidade pública que complemente a visión seráfica do PP”.

O portavoz socialista trasladou a súa “indignación e tristeza” polo tratamento do grupo maioritario a este órgano, que “o PP desbarata porque non quere luz e taquígrafos sobre a xestión sanitaria de Feijóo”. Trátase dunha mostra, explicou, do “método Feijóo”, polo que “formalmente pódense facer moitísimas cousas” que despois son paralizadas polo bloqueo político do PP, e que demostra que a situación da sanidade pública “produce preocupación e urticaria no PP”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+