Información
Galicia

Á vista das eleccións xa comezan a recibir subvencións os votantes a través das entidades recreativas, "así" abre a porta o Concello de Lugo con 216.500 euros a axudas a clubs deportivos, deportistas e asociacións de caracter veciñal

Información
08 Noviembre 2018 406 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Xunta de Goberno aprobou este mércores tres liñas de axuda duns 216.500 euros, dúas delas ao deporte, que suman 171.000 euros, co fin de promover e fomentar a práctica deportiva no termo municipal, e outras a asociacións de caracter veciñal, educativo, profesional e de medio ambiente, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral, por 45.500 euros. Así o informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen indicou que se trata das subvencións para clubs, entidades deportivas, axudas económicas individuais para persoas con talento deportivo e subvencións para colectivos sen ánimo de lucro.

 

Tal e como explicou Fernández, o Concello destina 145.000 euros para os clubs, entidades deportivas e asociacións sen ánimo de lucro. Poderán optar a estas axudas todos os clubs e asociacións legalmente constituídos e domiciliados no Concello, que deben estar inscritos no Rexistro Municipal de asociacións e ter tramitadas e en vigor ante a Federación correspondente un mínimo de 10 licenzas. Non se admitirá máis dunha solicitude por club, asociación ou entidade. A concesión das axudas, así como a súa cuantificación económica, dun máximo de 7.500 euros, efectuarase tendo en conta o número de deportistas federados, o número de deportistas femininas federadas e a traxectoria de coordinación e colaboración nas súas actuacións co Concello, entre outros. Serán gastos subvencionables, gastos correntes necesarios para o desenvolvemento da actividade tales como licenzas, material ou gastos de desprazamento, entre outros; ou gastos de persoal necesario para o desenvolvemento de actividades.

Así mesmo, autorizouse a convocatoria de axudas económicas individuais para persoas con talento deportivo. Para iso, o Concello destina 26.000 euros. Terase en conta o talento deportivo ao longo do ano anterior á publicación destas bases, que destacaran pola súa participación en eventos deportivos con resultados relevantes, tanto a nivel autonómico como deportivo. Os solicitantes deberán ser deportistas afeccionados nados entre 1997 e 2002, estar federados nun club do concello e estar empadroados no municipio.

No que se refire ás de caracter veciñal, valorarase, por exemplo, a porcentaxe de mulleres na directiva como mínimo ao 50% e que a entidade conte cunha vogalía ou departamento de muller ou igualdade, así como que desenvolvan actividades coa finalidade de promoción e fomento do Camiño Primitivo, dinamizar a Praza e o Mercado de Abastos, fomentar a educación cívica e o voluntariado, ademais de celebrar proxectos na zona rural do Concello. O importe máximo por colectivo é de 3.000 euros.

Todas as persoas interesadas en calquera destas tres liñas de axuda poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no boletín oficial correspondente, que é remitido pola Base Nacional de Subvencións. A entidade local dará conta destas datas de publicación, a partir das cales se poderán solicitar estas subvencións. As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Anuncios Municipal e na páxina web do Concello.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre as axudas a clubs deportivos | Descargar mp3
Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)