Información
Galicia

O persoal de investigación da USC amósase preocupado pola súa situación e polo futuro da institución

Información
13 Noviembre 2018 995 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A ‘Asemblea de Investigadoras de Compostela’ (AIC), da que forman parte diferentes colectivos do persoal de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (investigador, técnico e de xestión), acordou na súa última asemblea, celebrada o pasado 29 de outubro, facer pública a súa preocupación pola falta de resposta por parte do novo equipo de goberno da USC para dar solución á súa precaria situación.

 

Tras reunirnos durante a campaña electoral co entón candidato, Antonio López, este comprometeuse a manter encontros regulares coa AIC, en caso de ser elixido Reitor, para buscar solucións aos problemas que lle trasladabamos, chegando mesmo a incorporar algunhas das nosas demandas á súa campaña e a comprometerse publicamente a solucionar urxentemente a nosa situación.

Xa como Reitor, Antonio López, no seu discurso no acto de apertura do curso 2018/2019 dixo que "consideramos da máxima relevancia e urxencia avanzar na regulación e mellora das condicións laborais do importantísimo número de traballadores contratados con cargo ao capítulo VI para atender necesidades de investigación (arredor de 1000 persoas)". Nesa mesma liña, o novo Xerente, Javier Ferreira, recoñecía nunha entrevista publicada o 29 de xullo en La Voz de Galicia "ter 900 persoas contratadas con cargo a proxectos de forma precaria".

Consecuentes cos compromisos adquiridos e as posteriores declaracións realizadas, solicitamos no mes de setembro reunirnos co novo Reitor, sendo convidados pola Reitoría a que nos reunísemos, no seu lugar, co Vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez. Nese encontro, celebrado o pasado 5 de outubro, lembráronselle as necesidades máis urxentes relativas a condicións laborais, demandas que o Vicerreitor se comprometeu a estudar en profundidade e a buscarlles unha pronta solución, a cal nos sería transmitida no prazo dunha semana. Ante a falta de resposta, e tras reiterar a petición, só obtivemos silencio.

Desde a AIC queremos manifestar o noso malestar por esta falta de resposta e a nosa preocupación ante unha situación que consideramos insostible. Descoñecemos se o novo equipo de goberno non sabe, ou simplemente non quere, solucionar os problemas existentes.

Vemos con preocupación a situación na que se atopa a investigación na USC debido ás condicións de inestabilidade e precariedade na que centos de persoas teñen que traballar diariamente.

Vemos con preocupación a xestión que se fai dos recursos económicos dedicados a investigación na USC, a desigual distribución dos mesmos e as inxustizas que isto provoca. É un dato contrastable que a USC inviste máis diñeiro en pagar indemnizacións e costas xudiciais por demandas laborais de contratos irregulares e en fraude de lei, do que inviste en sufragar algúns proxectos de investigación.

Vemos con gran preocupación como a USC non respecta a Carta Europea do Persoal Investigador, o Código de Conduta para a Contratación do Persoal Investigador e outros compromisos de obrigado cumprimento para seguir mantendo o selo HR de Excelencia en Investigación, arriscándose a perdelo e, con iso, a ver reducidas as opcións de captación de talento investigador e de fondos europeos para o seu financiamento.

Por este motivo, desde a AIC queremos facer un chamamento público aos sectores implicados da Comunidade Universitaria: ás persoas que están en precario, con ou sen contrato, a unirse e reclamar melloras urxentes nos procesos de contratación e nas súas condicións de traballo; aos e ás Investigadoras Principais (IPs) de proxectos e grupos de investigación, a corresponsabilizarse e reclamar respecto e dignidade para as persoas que traballan ao seu cargo; e por último, ao equipo de goberno, a deixar de mirar para outro lado, a dialogar e a buscar unha solución definitiva coa que erradicar a precariedade da nosa Universidade.

Desde a AIC queremos amosar unha vez máis o noso firme compromiso coa defensa das persoas ás que representamos e coa importancia que damos á investigación en todas as áreas de coñecemento nas que desenvolven o seu labor. Cremos que unha investigación de calidade, que sexa útil para a sociedade, só se pode lograr cando se leva a cabo nunha contorna e cunhas condicións adecuadas. É obrigación da USC velar, con urxencia, polo benestar e seguridade de todas as persoas que forman parte da institución.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....