Información
Galicia

YOLANDA DÍAZ CONSIDERA QUE “O GOBERNO ESTÁ A PREVARICAR EN FUNCIÓNS ANTE O ACORDO DO CONSELLO DE MINISTROS DE EXIMIR A REGANOSA DE PASAR O NOVO TRÁMITE DE EVALUACIÓN AMBIENTAL”

Información
27 Mayo 2016 5859 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Gobierno PP corrupcion Rajoy prevaricacion reganosaO Consello de Ministros acordou hoxe a exclusión de “maneira excepcional” do trámite de avaliación ambiental para os proxectos de autorización de Reganosa, un feito que a coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Yolanda Díaz, tacha de “unha verdadeira cacicada e animalada en democracia”.

“O Goberno en funcións ten tres sentenzas do Tribunal Supremo e un recurso de aclaración nas que di que Reganosa é ilegal e que pon en perigo á cidadanía. Con esta decisión, o Goberno é cómplice dunha temeridade e dun atentado que pon en risco a vida de milleiros de persoas, xa que está a apoiar o mantemento dunha instalación ilegal, deficitaria e perigosa no interior da Ría de Ferrol”, considera Díaz.

O Tribunal Supremo ditou recentemente tres sentenzas que anulan a autorización administrativa e o seu proxecto de execución. No entanto, coa decisión do Consello de Ministros, Díaz afirma que o goberno “está a prevaricar en funcións, un feito sumamente perigoso, así como unha seria ameaza para a poboación que vive na contorna da Ría de Ferrol”.

“Coa escusa de subministrar gas natural en España e Portugal e priorizando os intereses económicos, o Goberno prioriza a continuación da actividade nunhas instalacións ilegais fronte a seguridade de toda unha comarca”, incide a Deputada.

Sobre Reganosa

Esta instalación alberga un enorme potencial destrutivo e está situada a menos de 200 metros do núcleo urbano de Mehá, a 800 metros do arsenal militar, a 900 metros do núcleo de Mugardos e a carón do complexo petroquímico de Forestal, que almacena preto de 300.000m3 de combustible e produtos químicos. Unha instalación que supera en 85.000 veces a potencia da explosión máis potente acontecida fai uns meses en Tianjin.

Con estes xestos, o Goberno vén promovendo que a Ría de Ferrol se converta no centro de subministro de gas aos buques de propulsión, é dicir, ampliar a actividade do uso do gas no interior da ría aumentando os riscos para a poboación que vive na súa contorna, coñecendo a ilegalidade desta actividade por non poder cumprimentar a normativa de navegabilidade e pola ilegalidade dunha instalación que non cumpre coas sentenzas que o Tribunal Supremo determinou.  

Otros articulos relacionados.....