Información
Galicia

O detector de raios cósmicos TRISTAN viaxa cara a Antártida no buque Sarmiento de Gamboa

Información
22 Noviembre 2018 946 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

            
 Juan A. Garzón, primeiro pola dereita, xunto a integrantes do equipo encargado do desenvolvemento co detector TRISTAN no Sarmiento de Gamboa

O detector de raios cósmicos de alta resolución TRISTAN (Trasgo para Investigacións Antárticas) viaxa xa cara a Antártida a bordo do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa nunha misión de apoio á Campaña Polar Española. TRISTAN foi desenvolvido por unha colaboración entre a Universidade de Santiago e o LIP de Coimbra (Laboratorio de Instrumentación e Física Experimental de Partículas) e irá tomando datos de forma continua entre os paralelos 42ºN (Vigo) e 53ºS (Punta Arenas, Chile), que se sumarán aos que recolecte no traxecto de regreso a próxima primavera.



O equipo encargado do desenvolvemento de TRISTAN agarda con esta campaña reunir unha gran cantidade de datos de alta precisión en dúas épocas do ano distintas (outono e primavera), o que permitirá profundar na forma de corrixir en terra o efecto da temperatura da atmosfera nos raios cósmicos, problema que está sen resolver dende o seu descubrimento a comezos dos século XX.

O proxecto TRISTAN está dirixido polo profesor Juan A. Garzón, do LabCAF do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e forma parte da colaboración ORCA (Observatorio de Raios Cósmicos Antártico) que coordina o profesor da Universidade de Alcalá Juan José Blanco. Esta última achega ao observatorio un monitor de neutróns de baixa e alta enerxía e un telescopio de muóns.

O detector instalarase de forma definitiva no observatorio ORCA na base antártica española Juan Carlos I na próxima campaña 2019-2020. Deste xeito, o observatorio terá capacidade para medir a incidencia de raios cósmicos en superficie nesta rexión cun precisión angular e unha capacidade de identificación de partículas sen precedentes. Os rexistros que se acaden permitirán mellorar o coñecemento tanto da natureza e e orixe dos raios cósmicos como da actividade solar ou o campo magnético terrestre, entre outros.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....