Os datos mostran o ALARMANTE FRACASO DAS POLITICAS DE FEIJOO

Información
04 Diciembre 2018 1747 votos - Registrate para votar

Un total de 3.327 persoas afiliadas menos á Seguridade Social e 625 persoas máis rexistradas como desempregadas no SEPE, é o balance que nos deixa o mercado de traballo en Galicia neste último mes de novembro. “O desemprego aséntase en Galiza”, alerta o secretario confederal de Emprego, Fran Cartelle, quen denuncia “a incapacidade do goberno do PSOE para levar adiante iniciativas que rematen co lastre das reformas laborais, condenando á clase  traballadora galega a seguir sufrindo os seus efectos perversos”.

 

Así as cousas, o mes de novembro rematou cun total de 170.369 persoas desempregadas, un 0,37% máis que no mes anterior, mentres que na media do estado, o paro reduciuse un 0,06%.

A nivel sectorial, tan só no sector Industrial se reduciu o desemprego un tímido 0,37%, mentres en Construción medrou un 1,89% e no sector Servizos o medre foi do 0,30%. Na media estatal tan só aumentou o desemprego no sector servizos un 0,36%.

Caída da afiliación á Seguridade Social

A caída da afiliación á Seguridade Social foi 5 veces superior ao medre do desemprego, xa que esta se reduciu en 3.327 persoas mentres que o desemprego medrou en 625 persoas. Atopámonos novamente cun enorme desfase entre a evolución da afiliación á Seguridade Social e o desemprego confirmándose mes a mes que “a destrución de emprego é moi superior ao que se percibe no paro rexistrado”.

As explicacións a este desfase poden ser múltiples, pero as máis plausibles, para a CIG son, por unha a emigración e, pola outra, a falta de confianza e utilidade no propio SEPE.

Elevada contratación

A pesar de medrar o desemprego e baixar a afiliación á Seguridade Social,  a contratación continuou en valores moi elevados. Concretamente foron 84.427 os novos contratos rexistrados neste mes -o 90,5% baixo algunha modalidade de contratación temporal-, o que para a central sindical constata a existencia dun número moi elevado de traballadores e traballadoras que entran e saen do mercado de traballo continuamente con contratos de moi escasa duración o que eleva as cifras de contratos independentemente de como evolucione o emprego neto.

Ademais, o secretario confederal de Emprego chama a atención sobre o feito, máis que preocupante, de que o 40% dos escasísimos contratos indefinidos rexistrados foron a tempo parcial, o que fai avanzar a precariedade e pobreza laboral e fai preciso “medidas urxentes para que o emprego digno e dereitos sexa unha realidade agora mesmo inexistente”.

A pobreza e a precariedade maniféstase tamén na pobre cobertura social das persoas que perciben prestacións por desemprego, que continúan por debaixo do 50% dos/as desempregados/as, concretamente un 48,9%.

Ante este panorama Cartelle responsabiliza mais unha vez desta situación ás reformas laborais que “arrasaron cos dereitos da clase  traballadora” e subliña que “precisamos gobernos que teñan en conta os seus intereses e non os da oligarquía económica”. Denuncia ademais a “incapacidade” do goberno de Núñez Feijoo “para arbitrar medidas que poidan paliar esta situación en Galiza, nin sobre o emprego nin sobre a protección social”.

Xunto a isto advirte Advirte do cada vez maior empobrecemento da clase traballadora galega e urxe “un cambio de rumbo nas políticas de emprego” que considera “vital para rematar co modelo de traballo precario construído por esas contrarreformas laborais do PSOE e do PP”.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago