Información
Galicia

A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo avanza cuestións de interese común coa Macrorrexión

Información
04 Diciembre 2018 971 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1


Foto de grupo das persoas participantes na reunión conxunta CRUSOE-RESOE. Foto: Servimav USC

A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) mantivo este martes na USC unha reunión da súa comisión executiva na que se avanzou cara á súa consolidación como asociación sen ánimo de lucro, previa á creación dunha agrupación europea de cooperación territorial. Esta xuntanza rematou cunha sesión conxunta de traballo do grupo ‘Educación, Universidades e Investigación’ co comité de seguimento da Macrorrexión de Rexións do Suroeste Europeo (RESOE).


Trátase, como explicou o presidente da CRUSOE e reitor da Universidade do Minho, Rui Vieira de Castro, de que universidades con intereses e obxectivos comúns alcancen unha maior compenetración coas sociedades e rexións nas que se enmarcan. “De aí a importancia de traballar conxuntamente coas autoridades e entidades responsables de cada territorio”, dixo. A mesma idea resaltouna o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, para quen é “esencial” a colaboración entre institucións académicas que teñen moito en común “e que poden derivar en propostas e accións que sen dúbida” beneficiarán á comunidade educativa”.

A xuntanza conxunta posterior entre CRUSOE e RESOE presidiuna o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a ela asistiu tamén a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. Nela, entre outras cuestións, presentouse un borrador do RIS 3 macrorrexional que servirá como documento de taballo para que as universidades colaboren coas rexións e o seu desenvolvemento no logro de obxectivos estratéxicos.

Ademais de crear un grupo de traballo operativo entre a executiva da CRUSOE e representantes dos distintos Gobernos rexionais, na sesión acordouse ampliar o programa Iacobus de mobilidade a toda a macrorrexión.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....