Información
Galicia

Sr Rueda....O deficiente mapa de emerxencias volve producir atrasos na atención nun accidente múltiple en Vedra ( 29 / 5 /20 16 )

Información
30 Mayo 2016 2681 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Fai menos dun mes insistiamos en poñer en coñecemento público as consecuencias que o

deficiente modelo de emerxencias de Galicia supón, con motivo dunha intervención nun incendio

residencial en Os Tilos, concello de Teo, que tivo que ser atendido por Bombeiros de Santiago

vulnerando o seu ámbito competencial e asumindo responsabilidades que non lles corresponden

para tentar evitar as graves consecuencias que seguir expresamente a legalidade podería supor

para a vida e integridade da cidadanía.

Neste mes escaso volvemos a ter outro exemplo das graves consecuencias da descoordinación

que o incumprimento da lexislación vixente por parte da Xunta provoca, o incendio de Fandicosta.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (2016-05-29-NotadePrensaAccidenteVedra-MIB.pdf)2016-05-29-NotadePrensaAccidenteVedra-MIB.pdf 208 kB

A espectacularidade do sinistro, así como as evidentes eivas na súa xestión polos organismos

supostamente responsables provocaron o amplo impacto mediático. A raíz deste último sinistro,

amais de insistir na orixe da problemática, dende a Mesa Intersindical puxemos o foco en que non

é cuestión de casos illados e mediáticos, senón que son casos que se dan con frecuencia, e que

pese a ser menos espectaculares, poñen en risco día si e día tamén a vida e integridade da

cidadanía, que cre dispoñer dun servizo que na realidade se lles está a negar.

Nesta ocasión volveu a acontecer nas inmediacións da capital de Galicia, no concello de Vedra,

onde ata cinco vehículos se viron implicados nun accidente de circulación, requirindo un dos

accidentados de intervención de bombeiros para a súa excarceración. Unha vez mais, o mapa de

emerxencias establecido pola Xunta supuxo mobilizar ao parque de Ordes, cun tempo de resposta

de mais de 30 minutos e mais de 40 km. de distancia. Non foi ata aproximadamente 25 minutos

despois, probablemente ante a insistencia dos alertantes por non ter chegado aínda a asistencia,

que dende o 112 se da comunicación (insistimos, dáse comunicación, non se mobiliza) ao parque

de Santiago de Compostela, a uns 13 km. e cun tempo de resposta de pouco mais de 10 minutos.

Como resultado, unha persoa que podería ter recibido a asistencia precisa en tempo razoable tivo

que esperar case o triplo a que a chegase a primeira dotación en condicións de actuar. Minutos

de atraso que son vitais, tanto nas posibilidades de preservar a vida dun accidentado como na

gravidade das consecuencias que das feridas teña sufrido. Secundariamente, a non coordinación

dos medios mobilizados supuxo trasladar a totalidade da dotación que cubriría a comarca de

Ordes e mais da metade dos efectivos de Santiago, o que redunda nunha falta de cobertura

dunha extensa comarca e unha merma na capacidade de resposta inmediata no concello de

Santiago.

Vólvese unha vez mais a facer depender a vida e integridade das persoas dunha distribución

ilóxica da resposta en emerxencias, e de que os profesionais que damos dito servizo asumamos a

responsabilidade de actuar de acordo a principios éticos aínda que vaian en contra da legalidade.

Seguimos a sufrir un sistema que non garante o servizo á gran maioría da poboación, insuficiente

e non coordinado, mentres os principais responsables incumpren de forma reiterada o establecido

na Lei de Emerxencias do 2007. Mais ben ao contrario, na súa fuxida cara adiante escúsanse,

reparten responsabilidades entre os profesionais que día a día fan que pese a todo se poida dar

un servizo, e limitan a súa revisión do modelo a unha posible análise dos protocolos. Non hai

protocolos que vallan cando non hai unha infraestrutura coordinada, clara e suficientemente

dotada. Non hai mellora posible cando se anula e desprezan as críticas construtivas e os aportes

que dende o colectivo vimos poñendo dende fai anos enriba da mesa. E moito menos pode haber

confianza na mellora do sistema cando dende o principal garante da legalidade se leva case dez

anos ignorando a Lei de Emerxencias.

Lembramos unha vez mais que, mais aló de posibles solucións locais, como podería ser no caso

de Santiago, na citada Lei de Emerxencias de Galicia aprobada o 2007, a Xunta dábase unha

marxe de tres anos para homoxeneizar as prestacións e condicións de traballo en todo o territorio

de Galicia dos servizos de extinción de incendios e salvamento, seis meses para elaborar un plan

director dos servizos contra incendios e salvamento que definise o modelo de reordenación

territorial e a súa estrutura operativa, e un ano para a elaboración dun regulamento do bombeiro

profesional. Nada diso se fixo, facendo mesmo mais heteroxéneo o sistema inventando novos

servizos intervenientes, nin se nos deu resposta ao colectivo cando solicitamos iniciar os

procedementos e aportamos as nosas propostas.

Mentres os responsables non cumpran coas súas obrigas, os bombeiros seguiremos a ter que

soportar responsabilidades que non nos corresponden, non poderemos coordinar con efectividade

as actuacións conxuntas, e os cidadáns (nos tamén o somos!) recibiremos un servizo ou outro

simplemente en función de que vivamos a un ou outro lado dun regato que delimite ámbitos de

actuación.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....