Información
Galicia

Goretti utiliza máis de tres milleiros de mozas e mozos baixo o uso da nosa lingua para dilapidar cartos públicos a moreas para adoctrinalos presuntamente ao BNG.

Información
11 Diciembre 2018 543 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A Deputación da Coruña anima máis de tres milleiros de mozas e mozos a usar a nosa lingua

Un total de 3.392 estudantes de 70 centros de ensino participaron nas 91 sesións do programa "O galego a miña lingua propia" que animou a usar a noa lingua a mozos e mozas de centros públicos de 43 concellos.

 

O programa "O galego a miña lingua propia" chega ao seu fin despois de percorrer 43 concellos da Coruña e atoparse con máis de tres mil mozas e mozos cunha proposta de actividades encamiñada a eliminar prexuízos contra o galego e defendelo como lingua de prestixio. Con actividades de interese para a xente moza como é o audiovisual, a música ou o graffiti.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

"Desde maio, excepto no tempo de vacacións escolares, os centros acolleron un intenso programa de actividades encamiñadas a conectar co alumnado e contaxiar o entusiasmo polo galego a través de persoas de distintas disciplinas que son referentes nesas idades e cremos que o obxectivo está cumprido, coa enerxía e entusiasmo que precisa a nosa lingua para convencer á mocidade a ser falantes", destaca a vicepresidenta e responsábel da área de Lingua e Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.
"Reforzar o galego como lingua propia, con valor e prestixio, foi o obxectivo deste programa que tivo uns estupendos resultados, en especial, porque conectou coa xente nova, algo imprescindíbel para garantir o futuro da lingua, nunhas idades en que se pode modificar actitudes e comportamentos lingüísticos", sinala Goretti Sanmartín.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

Os concellos de Outes, Santa Comba, A Baña, Betanzos, Narón, Fisterra, Carral, Cerceda, Miño, A Coruña, Oroso, Frades, Melide, Rianxo, Abegondo, Ames, Arzúa, Rois, Cee, Mesía, Ribeira, Carnota, Porto do Son, Vimianzo, Dumbría, Tordoia, Cedeira, Arteixo, Trazo, A Pobra, Ferrol, Culleredo, Pontedeume, Boiro, Muros, Carballo, Ponteceso, Teo, Sada, Oleiros, Cambre, Ordes e Santiago de Compostela acolleron desde o pasado mes de maio as máis de noventa sesións de actividades encamiñadas a gabarse do galego e defender o seu uso como lingua de prestixio. Ademais das máis de tres mil mozas e mozos que participaron directamente nos obradoiros e demais actividades, estímase que a campaña superou as 15.000 persoas en participación indirecta, co impacto en redes sociais, medio de comunicación e outras canles.

Otros articulos relacionados.....