El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf

Información
Galicia

Manifesto sobre os medios de comunicación públicos

Información
17 Diciembre 2018 879 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas considera necesario lembrar unha vez máis que os medios de comunicación públicos son imprescindibles en democracia. A este respecto, a UNESCO sinala que os medios públicos "deben estar protexidos institucionalmente e deben ter garantido o seu financiamento para que poidan exercer as súas funcións centrais para a consolidación das democracias".

Así mesmo, o Informe sobre pluralismo e liberdade dos medios de comunicación na Unión Europea (2017/2209( INI)) considera “que as autoridades públicas teñen o deber de protexer a independencia e a imparcialidade dos medios de comunicación públicos, en particular como axentes ao servizo das sociedades democráticas e non de satisfacer os intereses dos gobernos no poder”.

 

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas propón tamén a incorporación dunha chamada á perspectiva de xénero na conformación dos órganos de participación (consellos de administración, consellos profesionais, etc.) para asegurar a igualdade de xénero como principio básico.

Os medios públicos son garantía de acceso universal a unha información de calidade, plural e independente. Por iso, é fundamental garantir a súa calidade, profesionalidade, independencia, pluralidade e viabilidade. Estes principios están en plena sintonía cos valores recoñecidos pola Unión Europea de Radiodifusión ( UER): universalidade, independencia, excelencia, diversidade, responsabilidade e innovación.

CALIDADE. A procura permanente da excelencia debe ser un dos motores dos medios públicos para ofrecer unha información e uns contidos de calidade, que respondan ás necesidades informativas de toda a cidadanía.

PROFESIONALIDADE. Deben estar dirixidos por persoas que apliquen criterios estritamente profesionais para servir á cidadanía, non a gobernos, partidos ou empresas. Os xestores deben ser elixidos por un concurso de méritos e non saír do  mercadeo entre partidos. Os procesos de elección deben ser abertos e transparentes. Hai que ter en conta a súa traxectoria e capacidades demostradas e que os candidatos ou candidatas presenten propostas para responder aos retos do sector. Os xurados ou comisións de selección que valoren as devanditas candidaturas e os seus proxectos tamén deben ter coñecementos profesionais contrastados. O proceso de elección dos xestores dos medios públicos debe ter en conta aos organismos dos traballadores e traballadoras e as entidades que legalmente representan a profesión xornalística.

Ademais, é necesario desenvolver os instrumentos de participación dos traballadores que propoñen as leis, como no caso dos Consellos de Informativos.

INDEPENDENCIA. Deben actuar movidos unicamente polo interese da cidadanía. O seu obxectivo é responder as necesidades informativas, formativas e de entretemento (por esta orde) dos cidadáns e as cidadás, ante os que teñen que render contas; pero non aos intereses de partidos políticos ou anunciantes. Deben quedar á marxe de presións políticas, económicas ou empresariais.

Para garantir a independencia, os medios públicos dotaranse de consellos conformados por profesionais que permitan a participación destes no desenvolvemento da actividade dos medios.

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas considera necesario que a lexislación garanta a blindaxe contra as maiorías absolutas e que as leis con respecto a iso non poidan ser anuladas sen a maioría cualificada esixida para a elección dos responsables dos medios públicos.

PLURALIDADE. Os medios públicos teñen que dirixirse a toda a poboación, sen excluíren ningún colectivo, respondendo á diversidade que caracteriza a sociedade. Neste sentido, a desgobernamentalización e despartidización son fundamentais. Non deben estar controlados nin polo goberno, nin polos partidos. A súa calidade, profesionalidade e independencia son as mellores vías para garantir o pluralismo.

VIABILIDADE. É fundamental que teñan os recursos necesarios para poder dar resposta ás misións de servizo que teñen encomendadas. A dotación debe ser suficiente e estable para poderen garantir a súa viabilidade a longo prazo. Os ingresos deben garantir que os medios públicos poidan seguir sendo referentes en innovación, produción de calidade e, en definitiva, motor de todo o sector xornalístico audiovisual, con evidentes beneficios para o resto de actores e, en definitiva, para a sociedade. Por iso, os orzamentos das administracións que xestionen medios públicos de comunicación e información deben recoller anualmente a dotación económica suficiente para asegurar a viabilidade, a estabilidade e o crecemento destes servizos.

Sen xornalismo, non hai democracia. Sen medios públicos, non hai democracia de calidade.

 

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove Colexios Profesionais de Xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco).

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....