A Deputación inicia a construción da residencia de Becerreá “que a Xunta do PPdeG negou aos veciños”

Información
Galicia | 18 Diciembre 2018 | 1981 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Deputación inicia a construción da residencia de Becerreá. IMG001

- O Presidente, xunto ao Alcalde e outros membros da Corporación Municipal, supervisou as obras que financia o organismo provincial con máis de 4 millóns para ofrecer outras 136 prazas de residencia e centro de día na provincia
- Campos Conde destacou que “é un día de celebración para os veciños de Becerreá que por fin ven como se materializa un proxecto que reclamaban dende hai 35 anos. Queremos ofrecerlles no seu Concello este servizo para que non teñan que abandonalo e dinamizar económica e socialmente a que é a cabeceira da Comarca dos Ancares”
- Máis do 35% da poboación de Becerreá ten máis de 65 anos. O 60% supera os 50 anos. Segundo datos do IGE, este Concello ten 2.800 habitantes. Hai 10 anos, a poboación era de case 3.300 habitante. Becerreá perdeu nunha década un 15% de poboación