Información
Galicia

Feijóo ten 32.000 fogares sen ingreso ningún, e só 10.000 persoas na RISGA.

Información
24 Diciembre 2018 1868 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 


Eivas da RISGA

Segundo os datos da última EPA, en Galicia hai máis de 32.000 fogares nos que non entra ingreso ningún, pero só 10.000 persoas beneficiarias da RISGA. Ante esta «disfunción», a secretaria de Previsión Social de CCOO coida que a renda de integración «non está a cumprir a súa función de inclusión», xa que deixa moitas persoas sen cobertura.

Para a voceira de CCOO, unha das principais eivas da RISGA é que «é pouco coñecida», pero tamén «está pouco difundida desde a propia Administración autonómica». Ademais, a principal novidade desta lei é que traballaba na inserción laboral das persoas beneficiarias, pero este apartado «leva catro anos de atraso», malia que se publicou a carteira de servizos do Servizo Galego de Emprego que habilitaba o seu desenvolvemento.

Outra das deficiencias é o «reducido orzamento» con que conta a RISGA, polo que a súa contía resulta «escasa e insuficiente» —está entre as máis baixas do Estado—. Se non se incrementa o orzamento de maneira «significativa» para conseguir que aumente a contía das prestacións, «é imposible que se cumpra o obxecto da lei e sexa unha ferramenta útil para a inclusión social porque cos recursos actuais é imposible vivir con dignidade», lamenta Bouza.



Propostas de CCOO para mellorar a RISGA

Entre as propostas de CCOO para mellorar a RISGA cabe sinalar, entre outras, a redución da idade de acceso dos 25 aos 18 anos; eliminar o requisito de «residencia legal» e permitir o acceso de todas as persoas que estean empadroadas nos concellos galegos polo menos durante os seis meses anteriores á solicitude; suprimir o requisito de «persoas obrigadas a prestar alimentos» ou, se non, validar a declaración responsable da persoa solicitante sobre esta posibilidade; no caso de que unha vivenda for compartida por dúas ou máis unidades de convivencia, o número de prestacións será de dúas, sempre que se reúnan os requisitos ou adaptar á realidade laboral actual a incompatibilidade cun posto de traballo.

Nesta xuntanza, as organizacións sociais avaliaron o Proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión de Galicia e das axudas de inclusión social. No caso de CCOO, o seu voto foi positivo, pero cuestionou o atraso na tramitación do decreto —catro anos despois de aprobada a Lei.

Vulneración do disposto na lei

A secretaria de Emprego e Previsión Social de CCOO, Maica Bouza, criticou que se citase as entidades sen achegar informe de seguimento ningún, nin tampouco avaliación da lei ou das axudas. Cómpre lembrar que a propia lei establece que «son órganos de control e seguimento da aplicación da renda de inclusión social de Galicia e do Plan galego de inclusión social o Consello Galego de Benestar Social e a Mesa Galega de Servizos Sociais».

Malia que a xuntanza tiña como obxecto presentar un decreto de desenvolvemento da lei, CCOO coida que o que cómpre é reformar a norma «para lograr os obxectivos para os que foi definida no marco do diálogo social, onde CCOO foi parte asinante».

A importancia do Consello

CCOO tamén criticou que o Consello, «órgano superior consultivo e de participación do sistema galego de servizos sociais», só se reunise tres veces nos últimos anos, xuntanzas nas que unicamente se ditaminaron doce dos centos de normas normas aprobadas pola Consellaría de Política Social.

O sindicato agarda que a conselleira, Fabiola García, que en setembro substituíu no cargo a José Manuel Rey, lle dea «a importancia que merece» a este Consello, «aínda que tardara case tres meses en convocar a primeira xuntanza».

Bouza lembrou que nos momentos de crise os servizos sociais son «máis ca nunca, se cabe, un piar básico da nosa sociedade». A RISGA, a atención ás persoas dependentes ou os servizos sociais básicos han desempeñar un «papel determinante» para paliar a desigualdade e pobreza que deixou a crise e as políticas aplicadas para superala. «E este órgano é o lugar onde avaliar se as políticas da Xunta en materia de servizos sociais están respondendo ou non ás necesidades da cidadanía, tarefa que non se está a facer», concluíu.

CCOO reclama información periódica

A voceira de CCOO pediu que se lles remita ás organizacións que compoñen o Consello Galego de Benestar Social os datos de execución da RISGA, e que esa información a reciban de xeito periódico. Así mesmo, solicitou que se convoquen unha reunión específica do pleno do organismo para tratar a situación en Galicia do sistema de atención á dependencia.

Por último, Bouza pediu información sobre o grupo de traballo relativo á previsión de cláusulas sociais na contratación pública —que comezou a andar na primeira metade de 2017—, e a creación dun grupo para analizar a situación da atención á dependencia.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia. Ese vacío legal ordena la prevalencia de la contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago