Información
Galicia

Representantes dos centros de información Europa Direct e dos Centros de Documentación Europea, nun total 85 persoas, celebran a súa reunión anual na Coruña

Información
31 Mayo 2016 2195 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Representación da Comisión Europea en España e a Deputación da Coruña inauguraron hoxe a reunión de redes de información europea no Estado español. Representantes dos centros de información Europa Direct e dos Centros de Documentación Europea, nun total 85 persoas, celebran a súa reunión anual na Coruña, no ano en que se cumpre o 20 aniversario do da Deputación como centro oficial de información da Comisión Europea, un dos primeiros en nacer.

Cando se cumpren vinte anos do centro da Deputación da Coruña como centro oficial de información, representantes de todos os centros Europa Direct e dos Centros de Documentación Europea reúnense durante tres días para temas de relevancia sober o seu funcionamento e as propostas de futuro das canles de comunicación en rede europeas. Ao longo do encontro trataranse tamén temas cruciais para a Europa actual como a resolución da crise, a enerxía ou a inmigración.

A apertura do programa correu da Directora da Representación da Comisión Europea en España, Aránzazu Beristain e do deputado responsábel da área de Promoción Económica e Emprego, José Lois Garcia. Beristain centrou os contidos do programa arredor de catro grandes temas, o plan de investimentos para Europa, unha unión enerxética máis sostíbel, a crise dos refuxiados e o papel do Estado español na UE e no mundo ademais de defender o mantenimento dos centros como fonde de información á cidadanía. Pola súa parte, José Lois García, despois de dar a benvida ás persos participantes, destacou o papel das redes de información europeas nas relacións entre a Comisión Europea e a cidadanía, como axentes clave na comunicación descentralizada.

Lembrou, como representante institucional, que a Deputación da Coruña iniciou o seu compromiso de "Comunicar Europa" hai vinte anos, constituíndose como estrutura de acollida dun centro oficial de información da Comisión Europea como "un centro que naceu coa misión de achegar Europa á cidadanía e aos axentes locais, ofrecéndolles resposta a todas as súas preguntas e que segue niso, dúas décades despois", sinalou Xosé Lois García na súa intervención.

As redes de información europeas están chamadas a xogar un importante papel de información de proximidade sobre Europa: segundo o último estudio "Eurobarómetro" unha maioría (75%) de cidadáns españois se senten europeos, pero un 73% tamén afirma ter escaso nivel de información sobre asuntos europeos.

Encontros como o de hoxe organízanse anualmente co obxectivo de fixar as prioridades de comunicación da Comisión Europea. No Estado español hai máis de 200 puntos de información europea repartidos por todo o territorio. En particular, existen 46 centros Europe Direct, que informan aos cidadáns sobre a UE e os seus dereitos; e 37 Centros de Documentación Europea que prestan principalmente apoio a estudantes e persoal universitario. Ademais destas dúass redes, existen varios servizos de información europea especializados, tales como os centros da rede Enterprise Europe Network, que asesoran ás empresas (en particular ás PYMES) en materia de acceso a novos mercados e financiamento e a rede NARIC que asesora en materia de homologación de títulos.

Máis información sobre redes de información europea:

A Comisión Europea presta apoio e financia redes de información que operan en toda Europa a nivel local. Ofrecen unha información local e próxima aos cidadáns sobre asuntos clave da Unión Europea. • A rede Europe Direct ofrece información sobre cuestións xerais da Unión Europea, • Os centros Europe Enterprise Network ofrecen asesoramento a empresas (novos mercados, financiamento, busca de socios...), • EURES brinda orientación sobre mobilidade e emprego en Europa, • NARIC informa a todos os usuarios en canto a información sobre como homologar títulos na UE, • Centro de Documentación Europea están principalmente ubicados en universidades e axudan aos estudantes e docentes a encontrar información sobre a UE.

Otros articulos relacionados.....