Información
Galicia

A Xunta, PPdeG e Feijóo teñen que asumir xa as súas responsabilidades polo fracaso da política sanitaria galega

Información
28 Diciembre 2018 1189 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Milleiros de persoas ateigaron as rúas de Vigo na tarde de onte para reclamar unha Atención Primaria de calidade e rexeitar a política sanitaria de recortes posta en marcha pola Xunta do PP. A CIG-Saúde reclama do Goberno galego que asuma dunha vez as súas responsabilidades e poña en marcha medidas que garantan unha asistencia sanitaria e unhas condicións laborais dignas.

A manifestación partiu do PAC da rúa Pizarro pasadas as 20 horas, e estivo encabezada polos 25 xefes e xefas de servizo e unidade que presentaron a súa dimisión hai dúas semanas en protesta pola insostíbel situación na que se atopa a Atención Primaria desta área sanitaria. A marcha rematou na rúa Príncipe, onde se deu lectura a un comunicado denunciando a sobrecarga asistencial, as longas listas de agarda, a falta de cobertura das ausencias, as xornadas extraordinarias esgotadoras,  os contratacións lixo ou as carencias de materiais.

Aposta decidida pola Atención Primaria

A CIG-Saúde considera que o Goberno galego ten que asumir de xeito inmediato as responsabilidades polo fracaso da súa política sanitaria e apostar de maneira decidida pola Atención Primaria, con medidas que permitan a dignificación do traballo das e dos profesionais. "O persoal xa non pode dar máis de si", denuncian, pondo o acento nas condicións laborais que padecen os e as profesionais e que impiden unha atención digna ao paciente.

A asistencia multitudinaria á manifestación, a pesar das datas festivas nas que se realizou, demostra o rexeitamento social que xeran os recortes aplicados polo PP na sanidade pública na última década, que teñen levado a situacións verdadeiramente dramáticas como a vivida este verán  nun PAC da Estrada.

Neste senso, dende CIG-Saúde critican que o xerente da EOXI de Vigo está demostrando unha incapacidade absoluta para xestionar a sanidade coas medidas de recortes que el mesmo aplicou cando era director xeral de Asistencia Sanitaria. "O grave da situación é que quen paga as consecuencias son as persoas enfermas e as/os profesionais", afirman.

Máis orzamentos e capacidade de xestión

Para afrontar esta situación a CIG entende que é necesario recuperar as estruturas de xestión da Atención Primaria, para que recuperen a capacidade, e incrementar os seus orzamentos para que se poida aumentar o número de profesionais con contratacións estábeis, cubrindo as necesidades reais con prazas estruturais e realizando unha Oferta Pública de Emprego do 100% das prazas realmente existentes, rematando cos efectos perversos da taxa de reposición.

De igual maneira, é preciso modificar as estruturas hospitalarias para que permitan que os e as profesionais da Atención Primaria se relacionen de xeito directo cos da Atención Hospitalaria, nun espazo de coñecemento e colaboración mutua, sen barreiras e con recursos que permitan respostas áxiles que eviten as actuais demoras non asumíbeis. Así como aumentar a capacidade docente.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+