Manuel Baltar, en Pantón (Lugo), presentou o acto a prol da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola Unesco

Información
Galicia | 29 Diciembre 2018 | 3039 votos | Correo electrónico | Imprimir

  • No acto a prol da Ribeira Sacra, celebrado hoxe en Pantón, o presidente da Deputación de Ourense dixo que acadar a distinción como Patrimonio Mundial da Unesco "será un galardón para a historia de Ourense, de Lugo e de Galicia, e para as súas xentes, que construíron unha sociedade de concordia e convivencia preservando o noso medio natural e converténdoo en orgullo de pertenza ao noso".
  •  
  • Baltar -quen reactivou en 2013 a candidatura para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio Mundial-, afirmou que é de "xustiza histórica" que academos este recoñecemento internacional "para un dos territorios naturais máis singulares e co patrimonio histórico-artístico máis importante de Europa".
social youtube xornalgalicia   feed-image