O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que a Deputación destina 134.000 euros para colaborar co municipio no mantemento e mellora das súas praias e, principalmente, do servizo de salvamento e socorrismo.
Esta achega de 134.000 euros, supón case que duplicar a axuda recibida durante o 2017, cando a contía acadou os 75.000 euros.