Lonxe das 40 horas semanais que prestan servizo os bombeiros de xestión privada en Galicia, teñen contratos dunha media de 13 horas semanais

Información
Galicia | 01 Junio 2016 | 3904 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Dende o Comité de Empresa de Veicar Lugo, concesionaria dos parques de Bombeiros comarcais de Vilalba, Barreiros e Viveiro, recibimos a denuncia da situación laboral de varios compañeiros, que cumpren coa súa función a xornada parcial de ? de xornada. Isto supón que lonxe das 40 horas semanais que prestan servizo os bombeiros de xestión privada en Galicia, teñen contratos dunha media de 13 horas semanais, coa consecuente precaria situación económica e laboral que isto supón para o 15% dos empregados que esta concesionaria xestiona en Lugo.

Non é o único caso nos parques de Bombeiros comarcais de Galicia, pois deuse tamén na concesión da Deputación de Pontevedra a Matinsa polo mesmo concepto, o que obrigou a buscar unha solución consensuada para eliminar este tipo de contratos que está en vías de implantación.

Dende a Mesa Intersindical de Bombeiros sumámonos polo tanto á denuncia dos nosos compañeiros e solicitamos, en primeiro lugar, que se absteñan de promocionar situacións parecidas, e que no caso sinalado se busque unha solución consensuada entre Administración, traballadores e empresa que non deixe a ninguén no camiño. Non cabe perpetuar esta situación de precariedade laboral para traballadores aos que ao final do día se lles esixe mesmo que arrisquen a súa vida.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (2016-05-31- Apoio a Comité de Empresa Veicar Lugo -MIB.pdf)2016-05-31- Apoio a Comité de Empresa Veicar Lugo -MIB.pdf 241 kB

En calquera caso resulta sangrante que dende a propia administración se teñan impulsado estes «minijobs» outorgándolle unha puntuación favorable nos pregos de condicións. Isto non deixa de ser un mais dos absurdos que a xestión indirecta de servizos esenciais provoca, e encádrase polo tanto na loita que dende a MIB levamos anos impulsando para rescatar o servizo e que deixen de facer negocio coa seguridade e a vida dos nosos veciños.

Reproducimos a continuación o comunicado dos compañeiros de Lugo:

 
Dende o comité de empresa Veicar Lugo, composto polos sindicatos de C.C.O.O, S.I.B.G.A.L, e C.I.G, queremos deunciar a situación laboral de 9 postos de traballo a tempo parcial nos parques de Vilalva Barreiros e Viveiro. Estes traballadores levan 5 anos a traballar cun salario mensual de 398 euros. Traballan a 1/3 da xornada laboral en fins de semana normalmente. Resultalles dificil conciliar con outros traballos xa que teñen dispoñibilidade e pódenlles facer distribuciòns irregulares da xornada. Estes 9 postos de traballo foron unha mellora posta pola empresa Veicar S.L na mellora do prego de condicións. Mellora que a administración aceptou e coñecedora da mensma non lle da solución facendo oidos xordos a petición dos sindicatos.
Dende o comité de empresa queremos deixar claro que esta situación é insostible e é necesario darlle remedio.