Información
Galicia

XSG: “O pitbull domesticado do Sr. Feijóo o único que sabe facer é insultar e intentar amedrentar ao PSdeG”

Información
01 Junio 2016 1904 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

voto por correo compostelaOs mozos e mozas socialistas presentaron a súa campaña do voto por correo no Campus de Santiago entre o estudantado para animalos a que o soliciten e non se queden sen votar

Bouza afirmou que as saídas de ton do Sr. Tellado nestes últimos días mostran o nerviosismo do Partido Popular que ten que falar do PSdeG porque no seu Partido non lles deixan

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) reparten a campaña do voto por correo no campus de Santiago de Compostela para animar aos mozos e mozas a que voten nas vindeiras Eleccións Xerais de xuño.

O Coordinador Provincial da Coruña das XSG, Antón Varela, indicou que " as XSG estamos no campus de Santiago de Compostela para seguir coa nosa campaña do voto por correo, precisamente onde os mozos e as mozas galegos precisan desta información para poder votar".

En palabras do secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, "estamos a pe de rúa repartindo esta campaña, para trasladarlles unha mensaxe fundamental á mocidade, que é que non se queden son votar e pidan o voto por correo".

Para Bouza "vendo as políticas que está a levar a cabo o PP cremos que é fundamental que a mocidade non quede sen votar, xa que vai a ser o impulso do cambio neste país para que Pedro Sánchez poida ser o vindeiro presidente do Goberno"

"Vemos hoxe ao secretario xeral do PP afirmando que o PSOE, despois de ter feito un exercicio de democracia incrible en Galicia e tendo os resultados o mesmo día coas máximas garantías, non como outras formacións, o único que se lle ocorreu facer foi falar das nosas primarias xa que a eles non les deixan facelas" indicou o mozo socialista.

Segundo o lider das XSG "resulta escalofriante ver como o pitbull domesticado que ten o señor Feijóo o único que sabe facer é insultar e intentar amedrentar ao PSOE, cousa que non vai a conseguir coas súas cambalachadas, por iso cando di que ao final o PSdeG elixiu a un camicace como candidato á Xunta de Galicia, a min o que se me ven á cabeza son as políticas de retallos que o PP levou a cabo durante todos estes anos e que son a mostra de quen é o verdadeiro camicace de Galicia, o señor Feijóo coas súas políticas en contra da xente, en contras das mozas e dos mozos e que fixeron que tiveran que emigrar da súa terra".

Dende a Organización sentenzan, "por todo isto nesta campaña, que comezará nuns días, faremos especial fincapé en achegarnos como facemos sempre, tanto a colectivos, como á mocidade, por iso vimos hoxe ao campus, neste caso en Santiago de Compostela, aínda que tamén iremos por Galicia adiante, o que nos permitirá achegar á mocidade toda esta información

Otros articulos relacionados.....