Información
Galicia

OS GALEGUISTAS CONSIDERAN QUE DESPOIS DE TRATAR O TEMA DA AP9 É PRECISO PARA GALICIA A TRANFERENCIA TOTAL DOS PORTOS DEPENDENTES DO ESTADO

Información
04 Enero 2019 493 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Galicia ten na actualidade 5 autoridades portuarias dependentes dun ente empresarial denominado “Puertos de Estado”, son aqueles denominados polo goberno central de interese xeral, un caixón de xastre que permite ter o control de 5 dos motores económicos de Galicia e que poden situar as nosas empresas no mundo global.

 

O sistema non é garantía de que a riqueza xerada en cada porto sexa investida na nosa Comunidade, de feito numerosos entes de carácter empresarial, teñen pedido a desaparición do ente Postos do Estado. Entrando o beneficio de Galicia nun saldo neto a nivel empresarial no estado e potenciando sinerxías de inversión que non sempre benefician a Galicia.

Dende CxG entendemos que  dende a Xunta de Galicia ten que pedirse ó Estado a modificación do Real Decreto 2/2011 e que sexa o goberno na Xunta quen xestione a totalidade de portos galegos. Xa que estas infraestruturas son clave, e hoxe no marco europeo o interese xeral dun estado non ten sentido e a estrutura moi burocratizada dos Portos xera pouca competitividade.

Tampouco estamos a favor da xestión opaca das autoridades portuarias que se converteron en un retiro dourado para políticos de PP e PSOE. Cuxa falla de xestión está provocando que  as operadoras prefiran Portugal en detrimento de Galicia. E a privatización continua  de servizos públicos prestados nos portos.

Por iso imos pedir a Feijoo que reclame ó Goberno que anule o interese xeral, nun marco global e europeo,  para ter Galicia competencia.

CxG vai a rexistrar unha petición no parlamento de Galicia, neste senso.

Otros articulos relacionados.....