Información
Galicia

Caballero avanza que “vai marcar o peche do ciclo feijóo” na Xunta

Información
08 Enero 2019 832 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

661411d8 fb03 4090 a84f 6a25212a9f8cO secretario xeral subliña o "fortalecemento" do PSdeG, que o sitúa "en mellores condicións para avanzar" onde non goberna e manter os gobernos existentes

Insta a Feijóo a "posicionarse con claridade" sobre os pactos do PP de Aznar e Casado coa extrema dereita a costa da violencia de xénero ou o estado das autonomías

 

Santiago, 8 de xaneiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, debullou hoxe as liñas mestras que guiarán o traballo dos socialistas no ano que acaba de comezar e que "vai marcar o peche do ciclo de Feijóo" á fronte da Xunta.

Nese senso, o líder dos socialistas galegos remarcou que o partido ten "forza e vitalidade" e que está "nunha posición de potencialidade e fortalecemento que nos dá vantaxes á hora de competir" e que o sitúa "en condicións de manter os gobernos onde gobernamos, e de avanzar onde non o estamos facendo".

E é que, como plantexou Gonzalo Caballero, hoxe a dereita "está fragmentada en tres" e, en concreto, o PP está sufrindo "un retroceso político como non tivo dende a caída da UCD nos anos 80".

A iso uniu que, tras case unha década de goberno do PP, o balance de Feijóo é o "dun presidente afastado da realidade de Galicia". "Está ausente e carece de proxecto, o que amosa un esgotamento na súa xestión política", recalcou o máximo dirixente do PSdeG, quen sinalou "a necesidade de impulsar un proxecto de futuro".

Así é que, proseguiu, "os socialistas iniciamos este ano cunha axenda política de actividade intensa". De feito, avanzou unha reunión da Comisión Executiva Nacional Galega o vindeiro sábado e o funcionamento do Comité Electoral ata maio.

SANIDADE

Centrado no "deterioro" que padece a sanidade pública, Gonzalo Caballero mencionou como o ano pasado concluíu coa dimisión en bloque dos xefes de servizo dos centros de saúde de Vigo e cunha "masiva" mobilización cidadá.

Por iso, tras anunciar que asistirá tamén á manifestación que terá lugar mañá en Santiago, o secretario xeral amosou a súa "preocupación profunda" polo estado da sanidade pública e esixiu a Feijóo que "rectifique" tras constatar o seu "fracaso como xestor" neste eido.

Ao fío diso, o líder socialista reclamou máis recursos para o sistema sanitario público, ao obxecto de frear a fuga de médicos da nosa comunidade debido á "falla de condicións de traballo dignas" que impón o Sergas; así como o aumento no peche de camas e na desaparición de servizos.

Como proba, Gonzalo Caballero apuntou que Galicia está "na cola" entre as comunidades en canto a médicos en activo por cada 100.000 habitantes, e moi por debaixo de Asturias ou Castela e León que, coma nós, rexistran un elevado nivel de envellecemento da poboación.

Neste escenario, recomendou a Feijóo "que cese a aqueles responsables públicos que son incapaces de dar solución aos problemas" existentes, pois "a mobilización vai ser tan forte que se pode levar por diante ao presidente da Xunta".

PACTO PP-VOX

Finalmente, o secretario xeral do PSdeG chamou ao presidente da Xunta a "posicionarse con claridade" sobre "os pactos que o PP de Aznar e de Pablo Casado quere selar coa extrema dereita".

"Está de acordo coa recentralización, coa eliminación do estado das autonomías, coa retirada da lei de violencia de xénero…?", inquiriu, para incidir en que Feijóo "ten que posicionarse e ser coherente".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+