Información
Galicia

Consideran “moi grave” que se abran dilixencias contra o fiscal xefe de Ourense.

Información
11 Enero 2019 1181 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

2018110513405323690Pon en dúbida a independencia do sistema xudicial.

Pide facer  unha reflexión sobre o “uso espurio”  da xustiza ao servizo de intereses políticos.

Ante as dilixencias informativas abertas pola Fiscalía Xeral do Estado  contra o Fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado para esclarecer unha falta disciplinaria grave de “abuso de autoridade”, expediente disciplinario que tamén afecta ao Fiscal Superior de Xustiza, Fernando Suances, o  BNG quere expresar  a súa preocupación polo que considera unha xustiza ao servizo de intereses políticos

Por outra parte, o BNG tamén considera necesario facer unha reflexión sobre o “uso espurio” da xustiza ao servizo dos intereses do Partido popular como aconteceu no caso do ex-alcalde de Ourense, Manuel Cabezas beneficiando a algúns promotores a través de cesións urbanísticas provocando continuos atrasos e demoras inxustificadas  así como graves repercusións para esfera pública e política.

 

Para o BNG, resulta de “máxima gravidade” a existencia de indicios que sustentan  á apertura das dilixencias informativas contra ambos fiscais porque poñen de manifesto “moitas dúbidas” sobre a súa actuación, así como a “independencia” do sistema xudicial.

O BNG considera que o expediente disciplinario contra Florentino Delgado e Fernando Suances, resulta  un novo exemplo da “falta de separación de poderes”   que se está a observar na xustiza española. Neste sentido, manifesta a insuficiencia de medidas para  apartar a estas persoas da actividade xudicial, mentres non se esclarezan as súas responsabilidades.

Por outra parte, o BNG tamén considera necesario facer unha reflexión sobre o “uso espurio” da xustiza ao servizo dos intereses do Partido popular como aconteceu no caso do ex-alcalde de Ourense, Manuel Cabezas beneficiando a algúns promotores a través de cesións urbanísticas provocando continuos atrasos e demoras inxustificadas  así como graves repercusións para esfera pública e política.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+