Neste sentido, cabe salientar a presencia de COPASA, UNVI, COGESA, Grupo Cuevas, Plexus, Redegal, Aníbal Blanco, Abanca, Grupo La Región, CEGASAL, as confederacións de empresarios de Ourense e de Pontevedra, o Círculo de Empresarios de Galicia, a Asociación de Pizarristas, e ANFACO-Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas.
Estas empresas ligadas aos sectores da construción, dos servizos financieiros, das novas tecnoloxías, da economía social, da automoción e fabricación de pezas, da loxística e transporte, da industria agroalimentaria e da industria extractiva son a base da economía galega e ourensá. Só na provincia de Ourense, o volume total de facturación destes sectores tractores superou en 2017 os 4.500 millóns de euros.
Durante a reunión establecéronse obxectivos en común e analizáronse as necesidades formativas das empresas á hora de contratar estudantes de ciclos formativos. De forma xeral, cabe salientar que o FP é unha panca para encontrar emprego máis rápido que noutras opcións educativas, cun 76,5 % de inserción laboral. Actualmente na provincia de Ourense unicamente existen tres ofertas formativas ligadas á FP dual.