Información
Galicia

Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela “Por unhas pensións públicas, dignas e garantidas” e contra as políticas de Feijóo

Información
26 Enero 2019 469 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

19 01 26 ManifestacionPensions 025Miles de persoas percorreron esta mañá as rúas de Compostela en demanda dunhas pensións públicas, dignas e garantidas. Unha manifestación enmarcada na campaña pola recuperación de dereitos que a CIG vén desenvolvendo desde hai varios anos e na que o secretario xeral, Paulo Carril, defendeu o dereito fundamental -“resultado de décadas de loita obreira”- a ter unha pensión decente; desmontou as mentiras sobre a sustentabilidade do sistema; exixiu a derrogación das reformas que provocaron o seu deterioro e chamou a loitar “todos e todas” na súa defensa.

Carril arrincou a súa intervención lembrando que, precisamente este domingo, día 27 de xaneiro, se cumpren 8 anos da folga xeral convocada en solitario pola central sindical contra a reforma de 2011, imposta polo goberno do PSOE co beneplácito de CCOO, UGT e a patronal. Unha reforma que “levou ao aumento da idade de xubilación dos 65 aos 67 anos; ao incremento dos 15 aos 25 anos para o cálculo das pensións e que introduciu o chamado factor de sustentabilidade, que significa que a máis esperanza de vida, menos pensión cobraremos”.

Denunciou tamén que coa reforma de 2013 o PP “eliminou o IPC para o incremento das pensións, impondo o 0,25 e adiantou a 2019 a aplicación do factor de sustentabilidade” e advertiu de que esta é a lexislación que se pretende levar adiante co obxectivo de provocar un “empobrecemento xeneralizado das pensións que o pobo galego sufrimos especialmente”.

Así lembrou que os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20 euros de media ao mes, imposibilitando a recuperación do poder adquisitivo perdido polos/as pensionistas, “nun intento claro de desmobilizar e dar por satisfeitas as reivindicacións de pensións dignas”.

Denunciou que en Galiza, onde os salarios son máis baixos, tamén o son, xa que logo, as pensións e que os debates na Comisión do Pacto de Toledo, as recomendacións do FMI, da OCDE, os recentes anuncios do goberno sobre a prolongación da idade da xubilación, ou o recente decreto de contratos relevo e xubilación parcial “confirman a pretensión de introducir novos recortes”.

A este respecto alertou de que todas estas cuestións teñen como obxectivo “converter o sistema público de pensións nun sistema de beneficencia, de caridade, apostando descaradamente polos plans privados de pensións”. E subliñou que, de feito, no ano 2000 había 3,5 millóns de pensións privadas, número que ascendera a 8 millóns en 2017.

Desmontando as mentiras sobre a viabilidade do sistema público de pensións

O secretario xeral da CIG desmontou ademais “as mentiras” que se adoitan publicar a respecto do sistema público de pensións e os “permanentes anuncios apocalípticos cos que nos bombardean para xustificar estas reformas: a creba do sistema público ante o aumento do gasto e a falla de ingresos para pagar as pensións”.

Subliñou que o Estado español é dos estados europeos que menor gasto soporta e sinalou como “verdadeiras causas de que haxa menos ingresos ao sistema público” as reformas laborais, que tanta “pobreza laboral” provocaron; o medre “imparábel” dos contratos de semanas ou horas; os contratos a tempo parcial; as tarifas planas na cotización á Seguridade Social; as desgravacións fiscais aos planes privados de pensións; os paraísos fiscais e as evasións de impostos; as fraudes millonarias á Seguridade Social das empresas ou á emigración.

Neste punto desmontou ademais outra mentira “coa que nos queren facer calar dicindo que vivimos grazas a España, que Galiza é deficitaria en recursos para pagar as pensións”. Así lembrou ás e os milleiros de emigrantes que cotizaron fóra, nos lugares nos que traballan e que agora “cando retornan ao país cobran aquí as súas pensións, constando como transferencias a Galiza, creándose así un déficit de pensións”.

E sinalou tamén outra das manipulacións e “silenciamento de datos oficiais” referidos á “fuga en masa de recursos e de empresas que teñen os centros de traballo en Galiza pero cotizan e pagan os impostos en Madrid”. Unha situación respecto da que denunciou que “isto si é ser uns mantidos, vivir ricamente en Madrid a conta deste inxusto, desigual e colonizador sistema”.

Problema político, non económico

Por iso asegurou que estamos diante dun “problema político e non económico”, un problema de “como se reparte a riqueza”. Denunciou que en Galiza, cos salarios máis baixos e, polo tanto, coas pensións máis baixas, nunca tivemos máis emprego nin menor precariedade “ao contrario, temos máis emigración e máis pobreza” e concluíu  demandando, fronte todas as mentiras, un sistema público de reparto e medidas que fortalezan o seu carácter solidario e de xustiza social.

Para isto esixiu a transferencia das competencias legais a Galiza, "xa que en Madrid non son capaces nin queren xestionar as pensións como se debe", apostando deste xeito de forma decidida por sentar as bases "para facer realidade un sistema público galego, viábel e capaz por si propio".

Participación de emigrantes retornados/as e mariñeiros de Long Hope

A mobilización rematou na Praza de Praterías, coa lectura, por parte das e dos representantes do Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG, do colectivo de Emigrantes Retornados/as e do colectivo de Mariñeiros de Long Hope, dun manifesto.

Alberto Paz, en representación destes últimos, lembrou a loita que manteñen desde hai 5 anos co goberno de Noruega en demanda do recoñecemento das súas pensións e que os vindeiros días 12 e 13 de febreiro celebrarase alí un xuízo tras unha longa batalla xudicial. Porén, exixiu a intervención do goberno do Estado español porque, para solucionar a situación das máis de 12.000 persoas afectadas, “só é necesaria unha decisión política”, non xudicial.

Do mesmo xeito, Esther Crespo e Xosé Lois Leirós, en representación do colectivo de Emigrantes Retornados/as, lembraron que veñen desde 2013 loitando contra a “estafa” do goberno español. “Somos 250.000 persoas que nos vimos na obriga de emigrar, traballamos duro lonxe da nosa terra e cando volvemos, é o propio goberno do Estado quen nos estafa”.

Por iso dixeron “Non” a esa “discriminación e á retroactividade” da Lei que as/os obriga a pagar máis e denunciaron que “como pensionistas galegos e galegas e como emigrantes sentimos que nos agriden dúas veces e non o podemos consentir”.

Por parte do colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG foron Pilar Reino e X. Carlos de la Fuente quen apelaron á defensa colectiva do sistema público de pensións, do seu poder adquisitivo, da súa revalorización de acordo ao IPC ou da fixación dunha pensión mínima equivalente ao 60% do salario medio. Medidas que cualificaron como “urxentes” e que pasan “por cambios lexislativos e pola derrogación das reformas das pensións de 2011 e 2013.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título de la Liga Gallega Absoluta Masculina de Primera División.Un..

Xoaquín Fernández Leiceaga reclama o cese da Valedora por “incumprimento grave das súas funcións” logo de ser condenada..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+