Información
Galicia

O 100% dos vigueses contra Feijooo e o PPdeG e para recuperar “a dignidade da sanidade pública”

Información
26 Enero 2019 797 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

19 01 2420ManifaDignidadeSanidadePublicaVigo01Milleiros de persoas mobilizáronse este xoves polas rúas de Vigo “pola dignidade de sanidade pública” convocadas pola xunta de persoal e para esixirlle ao Sergas que cese nos recortes e contrate máis persoal para poder prestar unha atención de calidade. “A privatización é corrupción”, “Goberne quen goberne a sanidade non se vende” e “Conselleiro dimisión” foron novamente as consignas que máis se escoitaron durante unha marcha que saíu do hospital Xeral e rematou na Porta do Sol.

Ao remate da manifestación, a segunda multitudinaria que se celebra en menos dun mes tras a promovida polos xefes/as de servizo de Atención Primaria, denunciouse que dende o inicio da crise a cobertura sanitaria non fixo máis que empeorar pola falta de recursos e a saturación do sistema.

Caballero valora "a seria chamada de atención" que supuxo a manifestación contra a "deficiente política sanitaria da Xunta"

Logo desta nova e multitudinaria manifestación que percorreu o centro de Vigo, o alcalde louvou este venres o "importante nivel de compromiso" da poboación coa sanidade pública. "Era da maior importancia volver facer unha seria chamada de atención á deficiente política sanitaria da Xunta de Galicia na área sanitaria de Vigo", concluíu.

Ademais, criticouse a política de recortes que está a aplicar dende entón o Goberno galego e que está a causar graves problemas en Puntos de Atención Continuada (PAC), Atención Primaria e nos hospitais, polo que se reclamou a dimisión do presidente da Xunta, do conselleiro de Sanidade e do xerente da EOXI de Vigo.

Na marcha participaron os distintos colectivos que se atopan en pé de guerra na defensa dos seus dereitos laborais e dunha atención sanitaria digna e de calidade, como son o persoal dos PAC ou de Atención Primaria (centros de saúde), cuxos/as xefes/as de servizo dimitiron en bloque recentemente en protesta polas condicións nas que teñen que desenvolver o seu traballo.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....