Información
Galicia

A Asociación Americana de Psicoloxía recoñece co premio ao Mellor Artigo 2018 en neurociencia do comportamento un traballo de José Fernández Rey e Jaime Redondo Lago

Información
29 Enero 2019 1038 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1


De esquerda a dereita, Jaime Redondo e José Fernández

A Asociación Americana de Psicoloxía acaba de conceder o seu premio ao Mellor Artigo de 2018 publicado en Behavioral Neuroscience a un traballo asinado polos investigadores do grupo de Procesos Cognitivos e Conduta da USC, José Fernández Rey e Jaime Redondo Lago, xunto con D. González. Recoñecido co premio DG Marquis Behavioral Neuroscience, o traballo titulase  ‘ Preventing the return of fear memories with postretrieval extinction: a human study using a burst of white noise as an aversive stimulus’.

Tradicionalmente sostense que os recordos de medo, unha vez consolidados na memoria a longo prazo, son inalterables, estables e insensibles á interrupción.

O traballo dos investigadores da USC suxire agora que a extinción post-recuperación podería ser unha técnica condutual efectiva para modificar a memoria orixinal de medo respecto de un determinado acontecemento e evitar o seu retorno. “Aínda é necesaria máis investigación”, aclaran os profesores José Fernández Rey e Jaime Redondo Lago, pero “si estes resultados se confirman, poderían ser relevantes para a súa aplicación clínica no tratamento dos trastornos emocionais, incluídos os de ansiedade, estres postraumático e a adición” engaden.

No traballo premiado pola Asociación Americana de Psicoloxía, os investigadores usan un novo paradigma de extinción pos-recuperación, desenvolvido en roedores e trasladado recentemente a humanos, para investigar o fenómenos de reconsolidación dos recordos do medo. Este fenómeno, explican os investigadores, reflicte o feito de que “as pegadas de memoria estables e consolidadas fanse vulnerables e susceptibles de modificación cada vez que se recuperan ou reactivan, volvendo posteriormente a un estado fixo e estable unha vez modificadas”.

Grupo de Procesos cognitivos e conduta
Ambos investigadores pertencen ao grupo de Procesos cognitivos e conduta da USC, equipo interdisciplinar que coordina Isabel Fraga Carou e que integran maioritariamente psicólogos experimentais, un psicólogo clínico e varios lingüistas. O seu ámbito de especialización é o estudo do procesamento, a emoción e o control cognitivo nos ámbitos da linguaxe, a memoria e a aprendizaxe humana.

A abordaxe da investigación sobre este ámbito abórdase fundamentalmente dende un perspectiva experimental a partir da observación e o rexistro condutual, o rexistro de certos índices fisiolóxicos (taxa cardíaca e resposta electrodérmica) e o rexistro da actividade electroencefalográfica (potenciais evocados) e os movementos oculares. As achegas científicas do grupo son relevantes en ámbitos aplicados como a aprendizaxe de segunda linguas e bilingüismo, a adquisición de habilidades e o deseño de protocolos de entrenamento en control cognitivo e condutual.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+