Información
Galicia

Fondos Púbicos para Fairway como grande evento de promoción dos Camiños e de jactancia política de afins ao BNG (GORETTI) financiado cos Fondos Públicos

Información
30 Enero 2019 443 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
 
A Deputación da Coruña apoia o Fairway como grande evento de promoción dos Camiños

A Deputación da Coruña apoia a organización do Fairway, o Forum Internacional do Camiño de Santiago, que se celebrará na capital galega dos días 10 ao 12 de febreiro, como grande evento de promoción turística que debe axudar a repensar a cidade de Santiago de Compostela diante dun novo Xacobeo. Así o defendeu a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, no acto de presentación do evento.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, participou na presentación do forum dos Camiños de Santiago Fairway e defendeu a potencialidade das rutas xacobeas .

 

"Temos un recurso cunha altísima potencialidade, un tesouro que hai que protexer e promover e que nos debe axudar a repensar o futuro da capital galega de cara a un novo Ano Xacobeo e tamén estudar as posibilidades que ofrece para fronte ao desmantelamento do rural", sinalou Goretti Sanmartín na súa intervención no acto que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos e no que tamén participou o alcalde e a concelleira de Santiago de Compostela, Martiño Noriega e Marta Lois, Charo Calvo de Correos e os directores de Fairway, tres codirectores de Fairway, Ana García, Manuel Oreiro e Tono Mugico .

Otros articulos relacionados.....