O PARTIDO POPULAR FALLA AO CONTRATO FIRMADO ENTRE A SOCIEDADE GALEGA, A CLASE POLÍTICA E O ESTADO EN 1981

Información
Galicia | 31 Enero 2019 | 3279 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

PARA OS GALEGUISTAS AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS SON TAMÉN ESTADO, ASÍ O RECOÑECE O TEXTO CONSTITUCIONAL DE 1978 E NON ENTENDEN O POR QUÉ DO PARTIDO POPULAR DE NEGARSE SISTEMATICAMENTE AO DESENVOLVEMENTO LEXISLATIVO RECOLLIDO NO TITULO VIII.

O Partido Popular ven de presentar unha curiosa pregunta no Congreso dos Deputados solicitando a comparecencia da ministra de política territorial e función pública na que pregunta sobre o “desmantelamento” do “Estado”, entón o que propón é modificar a constitución e que as comunidades autónomas deixen de ser “Estado” ou como é o tema?

O CONSTITUCIONALISMO QUE DEFENDE O PP DE CASADO DI QUE AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS NON SON ESTADO, ENTÓN QUE SON PARA ELES?

Piñeiro Docampo, secretario xeral dos galeguistas, entende que as Comunidades Autonomas están recoñecidas na Constitución e forman parte mesma do Reino de España, asi como os seus Estatutos de Autonomia, moitos deles como é o caso do galego todavia sen desenvolver dentro do marco legal establecido e que tanto seica din defender no PP.

O ESTATUTO DE AUTONOMIA DE GALICIA LEVA CASE 40 ANOS PARA TRANSFORMARSE EN REALIDADE EN PLENITUDE”

Para Compromiso por Galicia o marco estatutario leva case que 40 anos para ser unha realidade política no noso País. Vivimos tempos onde pode ser que politicamente os mesmos que propoñen a paralización do proceso de descentralización recollido na Constitución, logo teñan que enmendar á maior nas Comunidades Autónomas onde non teñen maioras cómodas.