Información
Galicia

Vedra aproba unha moción do BNG-AA para aplicar no IBI criterios de bonificación socialmente máis xustos

Información
03 Junio 2016 2229 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Pleno de Vedra do día 30 de maio aprobou a moción presentada polo BNG-Asembleas Abertas para reestruturar o Imposto sobre Bens Inmobles incorporando un paquete de medidas – vía bonificacións - para acadar unha fiscalidade máis xusta socialmente. Inclúe ademais a solicitude de revisión dos valores catastrais, incrementados - contra a evolución do mercado - no último proceso de regularización. A revisión dos valores catastrais permitirá corrixir os prexuízos que está a producir a regularización - no IRPF, na copagamento de servizos sociais, na subida do IBI-.

Para o BNG-Asembleas Abertas, o acordo acadado é insatisfactorio, pero foi o único posibilitado pola maioría absoluta do PP. Na proposta inicial presentada, o BNG-AA pedía modificar a Ordenanza Fiscal Reguladora do IBI (de competencia municipal), no relativo ao artigo de Bonificacións, de xeito que estas fosen xa efectivas. O grupo do goberno (PP) estivo de acordo coas medidas recollidas na moción, máis só prestou acordo para que estas sexan solicitadas ao ministerio de Facenda, antes de modificar a Ordenanza.

O grupo de goberno (PP), que ten maioría absoluta, tamén presentara unha moción para rebaixar o tipo impositivo do IBI; proposta que retirou na Comisión Informativa previa ao Pleno. En opinión do BNG-AA o feito de que o PP non vote sequera a favor das súas propias propostas é a demostración dun goberno de propaganda: no seu día presentou unha moción buscando un titular de prensa – propaganda de redución de impostos – que agora bate coa realidade e retira.

Entre as propostas de bonificación contempladas na moción figura: bonificar a familias en situación de maiores dificultades económicas e/ou risco de exclusión social; aplicar bonificacións que favorezan o asentamento de familias; a familias proxenitoras e a aquelas con situación de dependencia; desgravar o emprendemento no rural das actividades sustentábeis e respectuosas co medio e que pretendan a localizacións e facilitar o asentamento de poboación.

Otros articulos relacionados.....