Información
Galicia

Exixen ao Goberno de Feijóo un plan urxente de mellora da Rehabilitación e Fisioterapia na comarca da Mariña

Información
04 Febrero 2019 1052 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Diante da situación de absoluto deterioro na que se atopa o servizo de Rehabilitación e Fisioterapia, a  CIG-Saúde da Mariña exixe ao SERGAS que poña en marcha un plan urxente para abordar o abandono deste servizo, erradicar as listas de espera e dar solución á situación de incerteza das persoas derivadas polo SERGAS á privada e que agora quedan sen tratamento  de fisioterapia. En definitiva, “un plan que contemple a utilización racional dos recursos do sistema público e abandone as actuais políticas privatizadoras e de destrución da sanidade pública na Mariña”.

 

Rehabilitación e Fisioterapia é un servizo estruturalmente deficitario na Mariña, que soporta longas listas de agarda, e ao que agora hai que sumar que, desde o 31 de xaneiro, o SERGAS rompera o concerto para a prestación de servizos de rehabilitación con clínicas privadas na Mariña. Isto provoca que todas as persoas que eran atendidas nestas clínicas viron suspendido o tratamento de fisioterapia “sen recibir ningunha información e solución do SERGAS ao respecto”.

Diante desta situación, a CIG-Saúde da Mariña exixe a posta en marcha dun plan urxente de mellora da Rehabilitación e Fisioterapia na comarca que contemple os seguintes puntos:

1-. Dotar o Hospital da Mariña de 2 médicos/as rehabilitadores (un na actualidade) para atender a máis de 70.000 habitantes.

2-. Dotar o Hospital da Mariña de 3 diplomados/as en fisioterapia en quenda de mañá e tarde.

2-. Dotar de persoal diplomado en fisioterapia para abrir en quenda de tarde os ximnasios dos Centros de Saúde de Viveiro e Ribadeo, e non só de mañá.

3-. O ximnasio do Centro de Saúde de Foz deberá dotarse con 2 fisioterapeutas en quenda de mañá e outras 2 en quenda de tarde e habilitar o de Mondoñedo tanto na mañá como na tarde, actualmente pechado e sen material, sendo os/as pacientes de Mondoñedo e Lourenzá derivados/as a Foz en quenda de tarde.

Deste xeito o Centro de Saúde de Foz quedaría con 2 fisioterapeutas de mañá e de tarde para atender as/os pacientes de Foz, e Mondoñedo quedaría con 1 fisioterapeuta de mañá e outro/a de tarde para atender as/os pacientes de Mondoñedo e Lourenzá.

4-. Crear o servizo de fisioterapia no Centro de Saúde de Burela, inexistente a día de hoxe. Esta carencia coloca nunha situación de desigualdade as/os pacientes de Burela respecto a outros Concellos, xa que os/as médicos/as de familia de Burela non poden prescribir rehabilitación, nos casos que establecen os protocolos SERGAS, coma nos outros centros de saúde. Este feito provoca a saturación do servizo de rehabilitación do Hospital da Mariña xa que é o centro de referencia para as veciñas e veciños de Burela.

“Deste modo obteriamos un dobre obxectivo: crear emprego de calidade na comarca e prestar un servizo de rehabilitación e fisioterapia 100% público e de calidade”, conclúen.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+