Información
Galicia

TOUROLEAKS (4): A solución da mineira de Touro para evitar contaminar ríos: suprimir os ríos !

Información
07 Febrero 2019 893 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

No culebrón mineiro de Touro sucédense os capítulos cada vez máis delirantes. Ante a contaminación dos cursos fluviais causados polos lixiviados da antiga explotación mineira, Explotaciones Gallegas S.L. propón seguindo a "doutrina George W. Bush", suprimir estes ríos bombeando as súas augas a unha balsa, a de Vieiro, que tería que se baleirar ao abrir a mina, vertendo de novo a contaminación ao dominio público...

 

Xogo de trileiros coas augas contaminadas

O proxecto da empresa consiste no bombeo temporal das augas dos regatos Portapego, Felisa e da balsa de Angumil con destino á balsa de Vieiro. Xustifican o carácter provisorio destes bombeos pola limitada capacidade da balsa de Vieiro, hoxe case ateigada, para acoller o volume de auga desviada doss regatos, o que fixa un horizonte temporal máximo para o bombeo de 6,8 meses. Logo de vertidas na balsa de Vieiro, non está previsto tratamento algún para para corrixir a hiperacidez e a alta carga de metais pesados destas augas, alén do bombeo, polo que o proxecto só supón o trasvase temporal do problema dun lugar a outro, ao máis puro estilo dos trileiros. Andar mareando as augas contaminadas en troques de tratalas, e agochalas baixo a alfombra da balsa de Vieiro é o que pretende agora Explotaciones Gallegas S.L.

Temos pois que para facer fronte á problemática das augas contaminadas con efluentes mineiros dos regos Felisa e Portapego e Angumil a empresa decide, seguindo a doutrina popularizada por Goeorge W. Bush, suprimir os ríos durante 6,8 meses. Mais que ten previsto facer a mineira con estas augas se lle autorizan a abrir de novo a mina? Pois voltar a bombealas ao dominio público hidráulico (agora durante 3 anos, xunto co resto dos 1,8 millóns de metros cúbicos da balsa de Vieiro) de novo sen acreditar o seu correcto tratamento, apesar da grave contaminación que presentan. O que se chama un “Paquí-Pallá”...

Cinismo e deixación no tratamento das augas contaminadas

A empresa promotora volta a argumentar que non actuou nas augas do Portapego, Felisa e da balsa de Angumil porque a súa natureza hiperácida e fortemente metálica xerou unha biota de organismos extremófilos con gran interés científico. Resulta sorprendente e dende logo inaceptábel que Explotaciones Gallegas S.L. esgrima como xustificación para non resolver un problema de contaminación tan severo o suposto interés científico das augas contaminadas polos seus efluentes, fuxindo das súas responsabilidades na restauración do medio afectado,

Igual de sorprendente é a afirmación de que a debido ao escaso caudal aportado por estes regos, a súa carga contaminante non afectará significativamente ao río no que verten, o Lañas, e finalmente ao Ulla do cal é tributario. De novo Explotaciones Gallegas S.L. delega a súa responsabilidade ambiental na capacidade de dilución que poida ter a bacía fluvial na que verten os ríos contaminados pola súa actividade mineira.

Recoñecemento explícito dos pasivos ambientais deixados pola mina

O proxecto de drenaxe inclúee tamén un interesante anexo: Trátase dun informe técnico que complementa a solicitude de permiso de vertedura da balsa de Bama, presentada pola empresa perante Augas de Galiza. Neste informe proponse tratar con tecnosolos as aguas que escoan pola explotación cara a balsa de Bama co obxecto de reducir o pH e a carga de metais e sólidos en suspensión que están chegando e rebordando cara o Dominio Público Hidráulico.
Neste informe técnico, chaman poderosamente a atención os seguintes aspectos:

-A balsa de Bama leva vertendo durante anos augas contaminadas pola mina ao DPH, sen ningún tratamento e sen contar co preceitivo permiso de vertedura (que acaban de solicitar).

-A empresa recoñece a alta carga contaminante das augas de escorrentía interiores á mina, que denominan "augas brutas". Son estas as que escoan cara a dita balsa de Bama e fan que os as verteduras por rebordamento desta balsa ao Brandelos non cumpran coas normas de calidade.

-Explotaciones Gallegas S.L. afirma tamén que estas “augas brutas” xéranse na mina debido ao alto potencial acidificante de "case a totalidade” (>90%) dos materiais xeolóxicos naturais da explotación. Din tamén que o risco de acidificación é todavía maior nas entulleiras e taludes onde se acumulan os estériles da antiga explotación. Estas afirmacións cuestionan a catalogación e cubicación que a promotora realizou dos materiais denominados NAG (non xeradores de drenaxe ácida) e PAG (potencialmente xeradores de drenaxe ácida), e que estimou nun 50%-50% como máximo, no proxecto de reapertura da explotación. Este feito vén a confirmar o xa apontado por ADEGA nas súas alegacións, non senso de que a prática totalidade dos entullos xerados pola reapertura da mina xerarían drenaxes ácidas. Consecuentemente, todo o sistema de caracterización e distribución dos estériles previsto pola empresa no seu documento técnico sería inaxeitado, invalidando o proxecto na súa totalidade.

-A concesionaria informa de altos contidos de Cd para as augas "brutas" do interior da mina que chegan á balsa de Bama. Recoñécese pois que hai augas con altos valores deste metal tóxico que se orixinan no interior da mina e chegan ao DPH através do rebordamento desta balsa. Xa que logo, a teoría que mantén a empresa (apoiada nun ditame pericial) de que o Cd que aparece no rego das Pucheiras provén dos puríns vertidos pola actividade gandeira, carece de calquer fundamento.

ADEGA insta a Augas de Galiza a tomar nota da importantes cuestións reveladas neste proxecto, á hora de emitir o seu informe definitivo sobre a reapertura da mina. Fica claro que por parte da empresa estase tentando “branquear” un proxecto que cada vez amosa máis vías de auga, e todas elas contaminadas.

Descargas

Novas relacionadas


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+