Imprimir

PILAR CANCELA LEMBRA QUE O CAMBIO “TEN QUE ESTAR ENCABEZADO POLO PSOE OU NON SERÁ POSIBLE”

Información
Galicia | 05 Junio 2016 | 3493 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

pilarcancelapsoecorunaAnuncia unha campaña electoral en positivo, centrada nas propostas para un modelo de sociedade alternativo

A Coruña, 05 de xuño de 16. A cabeza de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso pola provincia de A Coruña e presidenta da Comisión Xestora, Pilar Cancela, sinalou hoxe na Coruña que o cambio “ten que estar encabezado polo PSOE ou non será posible”. Así o dixo no acto de presentación da candidatura socialista nesta provincia ao Congreso e ao Senado na Coruña, no que tamén interviñeron o deputado socialista Ricardo García e o senador Ángel Mato.

A responsable socialista anunciou unha campaña electoral “en positivo” centrada en “traballar, traballar e traballar” para “explicar as nosas propostas para un modelo de sociedade alternativo” e un cambio de goberno que “pasa polo PSOE”.

En resposta a preguntas dos xornalistas sobre os sondeos preelectorais publicados hoxe, lembrou que “xa estamos acostumados a que os resultados definitivos sexan sempre mellores para o PSOE, afortunadamente a xente responde moito mellor que as enquisas”.

Anunciou que a partir deste momento e ata o día das eleccións “todo o partido vai estar volcado na campaña electoral” para recuperar o espazo institucional que lle corresponde aos socialistas, e augurou o protagonismo sinalado de toda a militancia socialista, que “é a que decide e a que traballa a reo en tódalas campañas electorais”.

Categoría: Galicia
Visto: 3493