Información
Galicia

O papel das deputacións na IV conferencia de presidentes de gobernos provinciais

Información
18 Febrero 2019 839 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • Neste cumio, impulsado en 2014 por Manuel Baltar, que se celebra en Granada, os representantes provinciais debateron sobre a asistencia técnica, económica e xurídica dos entes provinciais relativa ás accións contra a exclusión financeira ou derivadas da concentración urbana.
  •  
  • Na conferencia, á que asistiu o vicepresidente da Deputación de Ourense e que se desenvolveu os días 14 e 15 de febreiro, aprobouse unha declaración que reafirma o papel que exercen os gobernos intermedios a prol da cohesión do territorio, asistindo aos municipios e asegurando aos cidadáns a recepción de servizos de calidade.

Ourense, 15 de febreiro de 2019.– O papel das deputacións no equilibrio territorial: entre o despoboamento rural e a concentración urbana, é o tema central da IV edición da conferencia de presidentes provinciais, cumio impulsado no ano 2014 por Manuel Baltar e que este ano se celebrou en Granada durante os días 14 e 15 de febreiro. O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández asistiu a este encontro no que os representantes provinciais debateron sobre a asistencia económica, técnica e xurídica dos entes provinciais relativa ás accións contra a exclusión financeira ou derivadas da concentración urbana.

Así mesmo, no marco desta conferencia aprobouse unha declaración conxunta na que se reafirma o papel que exercen os gobernos intermedios a prol da cohesión do territorio, asistindo aos municipios e asegurando aos cidadáns a recepción de servizos de calidade. "A actividade das deputacións provinciais é un factor clave para a loita contra o despoboamento do medio rural e a garantía da igualdade de oportunidades de tódolos cidadáns, con independencia de que residan nunha zona rural ou urbana, contribuíndo, así, ao mantemento dun territorio equilibrado e sostible", expón a declaración. Así mesmo, este documento recolle o compromiso dos asinantes de "manter e reforzar a cooperación entre os Gobernos locais intermedios coa finalidade de compartir e divulgar estratexias de promoción, coñecemento e información, así como optimizar os recursos propios de cada territorio".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....