Información
Galicia

COMPROMISO POR GALICIA PROPON UNHA “ROGA” DE PARTIDOS GALEGOS PARA O #28A.

Información
20 Febrero 2019 540 votos
5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Rating 100%

ATT00089TRASLADAREMOS A PROPOSTA A BNG E TAMÉN A EN MAREA.

A Comisión Executiva Nacional e o Consello Nacional de Compromiso por Galicia decidiron abrir unha canle de exploración para chegar una candidatura de partidos galegos o #28A.

Diante do chamado ao voto útil e ante a deriva dos acontecementos e posicións na votación dos PXE, os galeguistas entendemos que é chegado o tempo de facer un esforzo da clase política galega co obxectivo de ter un grupo político con centro de decisión exclusivo en Galicia. Para ter, na fin, unha representación xenuinamente galega nas cámaras do estado, para iso fai falla xenerosidade nos partidos galegos.

 

A ROGA GALEGA SERIA UNHA COALICIÓN DE PARTIDOS CON CENTRO DE DECISIÓN EN GALICIA.

Juan Carlos Piñeiro Docampo, secretario xeral galeguista lanzou hoxe a seguinte proposta de unha “ROGA GALEGA”. Compromiso quere levar esta figura tradicional e colaborativa, unha roga que é unha “colaboración de veciños” para estas xerais nas que Galicia, como País, xoga estar ou non na próxima configuración do estado. “Apostamos por unha coalición estratéxica e xenerosa de forza con centro de decisión exclusivamente no País” manifestou Piñeiro Docampo, secretario xeral de CxG.

Neste sentido desde Compromiso, trasladaran os seus esforzos a que isto sexa posible, nunha lexislatura que vai ser da máxima relevancia para o futuro de Galicia dentro do estado. Para iso fala o secretario xeral dos galeguistas en que: ”imos poñer esforzo en que isto sexa así, agora non toca antepoñer os proxectos partidarios de País ou de Concellos e de Europa, non é esa a convocatoria. Esta é unha situación excepcional e require dunha visión política plural e de arriscar todos para conseguir representar os intereses galegos con autonomia e independencia”.

OS GALEGUISTAS APOSTAN POR TER UNHA REPRESENTACIÓN SERIA E QUE REPRESENTE EXCLUSIVAMENTE OS INTERESES DE PAÍS.

Para Compromiso por Galicia é necesario facer un traballo conxunto, na defensa de Galicia. Esta “Roga Galega”, a semanas dunha municipais e europeas non ten por que ser negativa, mais ben todo o contrario; a xente seguro que valora positivamente facer política de defensa de Galicia. O que si queda claro é que o traballo cara as europeas e municipais é outro, no que cada quen xa ten o seu camiño” comentou Juan Carlos Piñeiro, “nas bases de proxectos que poden colidir, como o noso europeismo e a defensa dunha europa social”.

CxG convoca en primeiro lugar ás executivas nacionais do BNG e de En Marea, desde a nosa posición de 4ª forza galega no eido municipal, se ben estimamos que se ten que ir sumando a sociedade civil e o resto de partidos con centro de decisión en Galicia.

É hora de facer política rigorosa e digna con Galicia.

Xuntamos a proposta enviada aos Partidos.

Juan Carlos Piñeiro Docampo

Secretario Xeral de CxG

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+