Información
Galicia

A Xunta só se acorda destas cousas cando chegan as campañas electorais

Información
21 Febrero 2019 293 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este mércores que a Xunta de Galicia xa dispón desde hai catro anos unha proposta do Concello para mellorar os accesos e a contorna do Hospital do Meixoeiro. "Enviamos observacións técnicas para facer un convenio e nunca tivemos observacións", sinalou o rexedor.


Caballero respondía así ás críticas da Xunta sobre o mal estado dos accesos ao centro médico. "Alá polo ano 2015 o concelleiro de Sanidade propuxo a mellora da urbanización da contorna do Meixoeiro, desde aquel momento ata agora o que fixo Sanidade foi baleirar o hospital e polo tanto unha parte importante do centro médico está pechada, cuestión que non entendemos nin queremos que suceda", apuntou.

O alcalde apuntou tamén que "a acción sanitaria da Xunta de Galicia en Vigo supuxo que a creación dun novo hospital como o Álvaro Cunqueiro non significase máis camas nin mellorase a asistencia, polo tanto a primeira discrepancia e que teñen que poñer moitas máis camas no Meixoeiro".

"A Xunta só se acorda destas cousas cando chegan as campañas electorais, cando ten que poñerse a traballar, a aportar recursos e por tanto poñer diñeiro no Concello de Vigo o esquecen", engadiu. 

Ademais, o alcalde aclarou que xa hai catro anos que a administración autonómica dispón dunha proposta técnica e de convenio para cooperar na financiamento "dunha mellora que ten moito que ver cunha instalación sanitaria da Xunta de Galicia".

"Por suposto que estamos dispostos a cooperar, pero a Xunta tamén, só se acordan en épocas electorais, despois escorren o vulto, non dedican diñeiro a mellorar as instalacións dos hospitais. Baste como exemplo o Cunqueiro, que se fixo á brava e na contorna non se preocuparon, de feito cobran o aparcamento mentres que en zona municipal é gratis", apuntou Caballero

Otros articulos relacionados.....