O TSXG anula a decisión unilateral da CRTVG de atribuille aos seus redactores as funcións de edición propias dos operadores e operadoras de video.

Información
Galicia | 22 Febrero 2019 | 2536 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O fallo, que responde á demanda presentada polos sindicatos CUT e UGT, recoñece a existencia dunha modificación substancial das condicións de traballo que a empresa sempre negou
22 Febreiro, 2019 Seccións Sindicais da CUT e a UGT na CRTVG
– Foto; María del Mar Sánchez Sierra. asesra del PPdeG. Exvocal del Consejo de la CRTVG por el PP y actual Secretaria de Medios de la Presidencia d ela Xunta de Galicia como alto cargo de confianza del PPdeG.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitíu este 20 de febreiro unha sentenza que anula a atribución unilateral pola CRTVG aos seus redactores e redactoras do labor de edición básica de video, por tratarse dunha modificación susbtancial de
carácter colectivo das súas condicións de traballo. Con este fallo, o Tribunal considera probado que a CRTVG vulnerou o procedemento establecido no artigo 41.4 do Estatuto dos Traballadores, que establece a obrigatoriedade de abrir un
período de consultas coa representación sindical antes de aplicar decisións unilaterais deste calibre.
A dirección da CRTVG sempre teimou en que impoñerlle ao persoal de redacción as funcións de edición (historicamente desenvolvidas na canle pública polos operadores e operadoras de video) non representaba unha modificación substancial das súas condicións laborais, facendo caso omiso das advertencias
realizadas polas seccións sindicais da CUT e a UGT na CRTVG, que sempre expuxeron a inseguridade xurídica que representanba a medida unilateral disposta pola empresa.
A sentenza, contra a que cabe recurso ao Tribunal Supremo, recoñece que o argumento da CRTVG que apelaba a un cambio tecnolóxico (a posta en marchadunha nova plataforma de produción dixital) para a imposición desta medida non
está xustificado e representa de facto unha mobilidade funcional descendente.
As sección sindicais da CUT e a UGT pídenlle á empresa que acate de inmediato a
sentenza e non dilate de xeito indefinido a súa aplicación, polo prexuízo que lle está
a ocasionar ao persoal afectado, que leva meses asumindo funcións anuladas por
esta sentenza.