Información
Galicia

O equipo de Goberno de Baltar aproba instar a Xunta de Galicia (PPdeG) a que implante a asistencia hemodinámica 24 horas no CHUO

Información
22 Febrero 2019 358 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • A corporación aprobou tamén unha modificación do orzamento do Inorde de 66.000 euros para axudas destinadas a iniciativas de promoción gastronómica.

A Feijóo os inimigos lle saen dentro da propia casa do PPdeG.

Ourense, 22 de febreiro de 2019.- O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na sesión ordinaria correspondente ao mes de febreiro, instar a que se implante a asistencia hemodinámica durante as 24 horas do día no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), dentro do ano 2019. O acordo adoptado polo plenario recolle textualmente que a Deputación insta á Xunta de Galicia a que, logo da oportuna avaliación pola Comisión REGALIAM, ao ano de funcionamento da ampliación do horario, se así se determina, se implante no CHUO un modelo asistencial que garanta a asistencia na Área de Hemodinámica durante as 24 horas, todo elo durante o ano 2019.

Tamén se insta a pór en marcha os mecanismos oportunos para abordar a formación de equipos multidisciplinarios na Área de Hemodinámica de Ourense, para o inicio da actividade no menor tempo posible, todo elo dentro do ano 2019.

Por outra banda, a corporación provincial tamén aprobou o expediente de modificación nº 1/2019 das bases de execución do orzamento do Inorde para o exercicio 2019, que ascende aos 66.000 euros, en dúas axudas para a Asociación de cociñeiros de Ourense, para iniciativas de promoción gastronómica local.

Asemade, aprobouse unha modificación de créditos do Consorcio provincial de Ourense para o servizo contra incendios e de salvamento, que ascende aos 448.760 euros e que será financiada con cargo ao remanente de tesourería. Permitirá a adquisición de dous vehículos de servizos varios que se dedican principalmente ao rescate e excarceración e que prestarán servizo nos parques da Limia e de Verín. Tamén se destinará unha partida para investir en material para operativos de intervención en emerxencias, que abrangue equipos respiratorios, material de rescate a altura e para excarceración, así como para a adquisición dunha cámara térmica de alta resolución para o dron híbrido, co obxectivo de homoxeneizar as dotacións dos catro parques do Consorcio Provincial.

Na sesión plenaria deuse conta da renuncia de Montserrat Lama ao cargo de deputada provincial e da baixa de Francisco José Fraga como membro do grupo provincial socialista e o seu paso á condición de deputado non adscrito nesta Deputación.

A totalidade dos acordos plenarios aprobados hoxe son os seguintes:

REVOGACIÓN DA DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DO EXERCICIO DAS COMPETENCIAS DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADATORIA DO IVTM DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO E ACEPTACIÓN DA DELEGACIÓN DA RECADACIÓN EXECUTIVA DESTE IMPOSTO

Acordo:

Primeiro.- Aceptar a revogación da delegación da xestión tributaria e recadatoria do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica do Concello de Xunqueira de Espadanedo efectuada mediante acordo plenario de data 21 de xaneiro de 2019.

Segundo.- Aceptar a delegación de competencia efectuada polo Concello de Xunqueira de Espadanedo a favor da Deputación Provincial, mediante acordo de 21 de xaneiro de 2019, para a recadación executiva do imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da recadación en vía executiva, ditando todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.

Para o exercicio da competencia delegada o concello debería remitir as oportunas certificacións de descuberto do tributo ao que se refire.

A taxa para satisfacer polo concello pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100% da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario conforme co establecido no artigo 6, apartado b) da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da Ordenanza fiscal.

A presente delegación estará vixente ata o 31 de decembro de 2023, prorrogándose tacitamente por períodos de 4 anos se ningunha das partes mostra expresamente a súa vontade en contra, comunicándollo á outra cunha antelación inferior a 6 meses á data sinalada ou á de calquera dos períodos de prórroga.

DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE DAS COMPETENCIAS MUNICIPAIS DE XESTIÓN RECADATORIA EN VÍA EXECUTIVA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓN E OBRAS (ICIO) DO CONCELLO DE BALTAR

Acordo:

Aceptar a delegación de competencia efectuada polo Concello de Baltar a favor da Deputación Provincial, mediante acordo de 27 de decembro de 2017, para a recadación executiva do imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO) do Concello de Baltar, nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello de Baltar, sendo en todo caso de aplicación as seguintes condicións xerais:

a) O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da recadación en vía executiva, ditando todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.

b) Para o exercicio da competencia delegada o concello debería remitir as oportunas certificacións de descuberto do tributo ao que se refire.

c) A taxa para satisfacer polo concello pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100% da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario conforme co establecido no artigo 6, apartado b) da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense.

A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da Ordenanza fiscal.

d) A presente delegación estará vixente a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante un prazo de catro anos, prorrogándose tacitamente por períodos de 4 anos se ningunha das partes mostra expresamente a súa vontade en contra, comunicándollo á outra cunha antelación non inferior a 6 meses á data sinalada ou á de calquera dos períodos de prórroga.

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN N.º 1/2019 DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO INORDE PARA O EXERCICIO 2019

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente o expediente de modificación 1/2019 das bases de execución do orzamento do INORDE para o exercicio 2019, co seguinte detalle:

Beneficiario

Finalidade

Importe

Asociación de cociñeiros de Ourense

Organización do Econtro Bioceánico Gastronómico ENBHIGA 2019

36.000,00 €

Asociación de cociñeiros de Ourense

Actividades de promoción da gastronomía local

30.000,00 €

 

Total

66.000,00 €

2º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177,2 do mesmo texto legal, o expediente seralle exposto ao público, tralo anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

CESIÓN Á XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO USO DAS INSTALACIÓNS DE TITULARIDADE PROVINCIAL DO IES DE VILAMARÍN

Acordo:

1º. Ceder, á Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de xeito gratuito, o uso do inmoble ubicado na referencia catastral 001600900NH90A0001OQ, denominado IES de Vilamarín, consonte ao seguinte clausulado:

- A cesión de uso non conleva a transmisión da titularidade do ben, que continúa a ser provincial.

- A cesión queda condicionada a que a entidade cesionaria manteña a impartición da formación profesional no dito centro.

- Corresponderá á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a totalidade dos gastos de conservación e mantemento do inmoble, subministracións de servizos, seguros, así como o cumprimento das obrigas legais, o pagamento de tributos e cantas outras establezan as disposicións legais vixentes en cada momento.

- A duración da cesión esténdese por vinte (20) anos, prorrogables por dez (10) anos máis de non mediar denuncia expresa de ningunha das partes.

2º. O incumprimento das condicións ás que se somete esta cesión de uso de uso dará lugar á súa caducidade, e á reversión do uso do inmoble á Deputación Provincial, previa declaración da dita caducidade polo órgano competente e previo expediente contraditorio.

HEMODINÁMICA DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE

Acordo:

A Deputación insta á Xunta de Galicia a:

1.- Que logo da oportuna avaliación pola Comisión REGALIAM, ao ano de funcionamento da ampliación do horario, se así se determina se implante no Complexo Hospitalario de Ourense, un modelo asistencial que garanta a asistencia na Área de Hemodinámica durante as 24 horas, todo elo durante o ano 2019.

2.- Por en marcha os mecanismos oportunos para abordar a formación de Equipos Multidisciplinares na Área de Hemodinámica de Ourense, para o inicio de actividade no menor tempo posible, todo elo dentro do ano 2019.

MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS DO ORZAMENTO DO CONSORCIO PROVINCIAL DE INCENDIOS PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO

Acordo:

1.- Aprobar o proxecto de modificación do Orzamento (SC e CE 1/2019) do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento, co seguinte detalle:

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

136/62400

Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte

320.000,00

SUPLEMENTOS DE CREDITO. GASTOS CORRENTES

136/22799

Servizo de prevención e extinción de incendios. Outros traballos realizados por outras empresas e profesionais

2.500,00

CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

136/62200

Servizo de prevención e extinción de incendios. Edificios e outras construcións.

46.000,00

CREDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS CORRENTES

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

136/21700

Servizo de prevención e extinción de incendios. Equipos para procesos de información

8.000,00

136/21900

Servizo de prevención e extinción de incendios. Outro inmobilizado material

72.260,00

RESUMO

Suma suplementos de crédito ………………………................

322.500,00 €

Suma créditos extraordinarios ...................................................

126.260,00 €

RECURSOS UTILIZADOS

Remanente Tesourería. Subconcepto 87000 para financiar gastos xerais

448.760,00 €

A continuación detállase o destino dos gastos desta modificación orzamentaria.

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/62400 Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/62400

Compra 2 vehículos furgóns de Intervención (F.S.V)

320.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/62200 Servizo de prevención e extinción de incendios. Edificios e outras construcións.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/62200

Construción de aparcamento dotado de estrutura metálica e reubicación de muro peche perimetral con acceso a vía pública

46.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/21700 Servizo de prevención e extinción de incendios. Equipos para procesos de información.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/21700

5 equipos informáticos completos

8.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/21900 Servizo de prevención e extinción de incendios. Outro inmobilizado material.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/21900

Material diverso para uso en intervencións en emerxencias nos catro Parques

72.260,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/22799 Servizo de prevención e extinción de incendios. Outros traballos realizados por outras empresas e profesionais.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/22799

Proxectos, licenzas e permisos

2.500,00 €

SEGUNDO: En cumprimento do sinalado na lexislación reguladora das facendas locais e no artigo 24 do Decreto 67/2015 polo que se aproban os estatutos do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento (DOG núm. 86 de data 08.05.2015), elevar ao Pleno da Deputación Provincial o dito proxecto de modificación de créditos para a súa tramitación e aprobación integrado no Orzamento xeral da Deputación Provincial para o exercicio de 2019.

Coa finalidade de que o dito expediente de modificación de créditos (CE e SC 1/2019) se tramite á maior brevidade posible e se poidan acometer as inversión financiadas con cargo á dita modificación, PROPOÑO que o Pleno da Deputación Provincial, previo acordo de introdución do asunto na orde do día pola vía de urxencia, consonte ao previsto nos artigos 91.4 e 97.3 do ROF, adopte o seguinte acordo:

PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o expediente de modificación do Orzamento (SC e CE 1/2019) do Orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento, co seguinte detalle:

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

136/62400

Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte

320.000,00

SUPLEMENTOS DE CREDITO. GASTOS CORRENTES

136/22799

Servizo de prevención e extinción de incendios. Outros traballos realizados por outras empresas e profesionais

2.500,00

CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

136/62200

Servizo de prevención e extinción de incendios. Edificios e outras construcións.

46.000,00

CREDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS CORRENTES

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

136/21700

Servizo de prevención e extinción de incendios. Equipos para procesos de información

8.000,00

136/21900

Servizo de prevención e extinción de incendios. Outro inmobilizado material

72.260,00

RESUMO

Suma suplementos de crédito ………………………................

322.500,00 €

Suma créditos extraordinarios ...................................................

126.260,00 €

RECURSOS UTILIZADOS

Remanente Tesourería. Subconcepto 87000 para financiar gastos xerais

448.760,00 €

A continuación detállase o destino dos gastos desta modificación orzamentaria.

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/62400 Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/62400

Compra 2 vehículos furgóns de Intervención (F.S.V)

320.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/62200 Servizo de prevención e extinción de incendios. Edificios e outras construcións.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/62200

Construción de aparcamento dotado de estrutura metálica e reubicación de muro peche perimetral con acceso a vía pública

46.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/21700 Servizo de prevención e extinción de incendios. Equipos para procesos de información.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/21700

5 equipos informáticos completos

8.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/21900 Servizo de prevención e extinción de incendios. Outro inmobilizado material.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/21900

Material diverso para uso en intervencións en emerxencias nos catro Parques

72.260,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/22799 Servizo de prevención e extinción de incendios. Outros traballos realizados por outras empresas e profesionais.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/22799

Proxectos, licenzas e permisos

2.500,00 €

2.- Consonte co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.

O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+