Información
Galicia

Día Internacional dos Arquivos cunha exposición virtual de imaxes antigas da provincia

Información
09 Junio 2016 3133 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Arquivo da Deputación da Coruña súmase hoxe, 9 de xuño, aos actos de conmemoración do Día Internacional dos Arquivos coa inauguración dunha exposición virtual da colección de fotografías e postais de Manuel Puga Pequeño.

Puga Pequeño, gran viaxeiro e coleccionista, chegou a reunir preto dun milleiro de fotografías e postais da provincia da Coruña nunha colección que foi despois adquirida pola Deputación da Coruña. A súa riqueza visual e histórica axuda a conformar un minucioso relato gráfico da evolución de distintas vilas e cidades coruñesas ao longo do século XX.

Agora, unha pequena parte desas instantáneas pódense ver nesta exposición virtual e no catálogo en liña da páxina web do Arquivo da Deputación na que se mostra cómo eran a Torre de Hércules, o Castelo de Santa Cruz de Oleiros, o parque do Pasatempo de Betanzos, a Ría do Burgo, ou o porto da Pobra do Caramiñal a principios do pasado século.

Historia do Arquivo provincial

O Arquivo da Deputación da Coruña constitúese ao mesmo tempo que a propia institución, en 1822. En 1888 produciuse o nomeamento de Bernardo Barreiro Vázquez como arquiveiro-bibliotecario, que sería substituído por Manuel Murguía en 1909.

A súa sede experimetou diversos traslados ao longo da súa historia. Durante o século XIX e a primeira metade do XX, o Arquivo ubicouse nas mesmas sedes da institución provincial na cidade coruñesa, entre elas o edificio do Teatro Rosalía de Castro. Durante as décadas dos anos 60 e 70, a documentación depositouse no Pazo de Mariñán, e dende 1985, o Arquivo provincial conta coa súa propia sede na rúa Archer Milton Huntington da Coruña.

Exposición virtual:

http://arquivo.dacoruna.gal/?page_id=582&lang=es

Catálogo en liña:

https://issuu.com/arquivodeputacioncoruna/docs/catalogo_dia_archivos_1

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....