Información
Galicia

Feijoo se nega a evitar que Galicia pague a factura da luz máis cara do Estado e da UE.

Información
17 Marzo 2019 1788 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

05 Presentacion Plan Expansion Gas Natural en Galicia GNFDenuncia que o BOE publica hoxe a Orde TEC/271/2019 que estabelece os suplementos territoriais en Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Estremadura, Galiza, Madrid, Murcia e Navarra en relación ás peaxes de acceso de enerxía eléctrica do exercicio 2013, e establece o procedemento de liquidación dos suplementos territoriais.

 

“Isto é resultado do fracaso das políticas de PP e PSOE no Estado cunha política enerxética centralista e que penaliza as comunidades produtoras. Despois de anos de denuncias das eléctricas e de pasotismo de Feixóo, o Goberno central vén de emitir esta orde deixando para Galiza un tarifazo da luz”, salientou a portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas.

A deputada cualifica de “atraco a man armada” esta orde que, ademais, confirma “a mentira” de que o Estado ten unha tarifa eléctrica única “porque os galegos e as galegas imos pagar, grazas ao PP, a factura máis alta de todo o Estado”, denuncia, mesmo por riba do que pagan as persoas residentes nas Illas Baleares e Canarias, “ás que pagamos solidariamente os altísimos custos de produción e transporte da enerxía eléctrica”.

En definitiva, Galiza é produtora neta de enerxía pero, lonxe de beneficiarse desa riqueza propia, hai 2.000 empregos industriais ameazados de peche no sector industrial polos custes enerxéticos e os consumidores deste país van pagar a factura de luz máis cara de todo o Estado, tras a aplicación da orde que hoxe publica o BOE.

“Pedimos á Xunta que faga valer o acordo impulsado polo BNG o 22 de novembro de 2018 e manter unha posición de país para esixir ao Estado que asuma a contía destes suplementos territoriais vía orzamentos”,  demandou Presas.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+