Información
Galicia

CCOO-Sanidade rexeita a proposta de novo modelo de atención primaria promovido polo PPdeG na Consellaría

Información
17 Marzo 2019 1974 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Centro de saúde | Foto: GoogleA Federación de Sanidade de CCOO de Galicia rexeita a proposta de novo modelo de atención primaria que promove a Consellaría. O sindicato coida que se trata dun proxecto «pouco ambicioso e sen concrecións». Após analizar a proposta, CCOO-Sanidade lamenta que se limite a introducir medidas «xa recollidas en distintas leis e normas que están ou deberan estar en funcionamento».

Centro de saúde | Foto: Google

Desde Comisións critican que a Consellaría non propoña nada relativo aos profesionais da pediatría, servizo «onde radican moitos dos problemas da atención primaria» pola falta de persoal. O sindicato tamén critica que se considere o persoal de enfermaría como carente de capacidade de xestión propia, «pondo ao seu cargo unha coordinación médica que depende do xefe ou xefa de servizo».

CCOO-Sanidade tamén reproba que a Administración pretenda suplir a falta de recursos humanos e a sobrecarga asistencial «trasladando funcións e competencias que non lle son propias a persoal non sanitario».



Conflito dos PAC

Canto aos puntos de atención continuada (PAC), cuxo persoal está en conflito desde hai un ano, a única medida que se introduce é a dotación de equipos de protección individual (EPI), malia que se trata dunha cuestión «que debera estar superada, xa que é unha obriga que establece a Lei de prevención de riscos laborais». Precisamente, o comité de folga dos PAC reiterou onte que continúa en folga, e mañá venres haberá unha asemblea en Santiago de Compostela para decidir os próximos pasos a seguir.

CCOO defende un plan de saúde

Á vista da situación e da «escasa vontade da Xunta», CCOO segue a defender un verdadeiro plan de saúde de Galicia, onde teñan cabida os profesionais do sector, os axentes sociais e as sociedades científicas, tal como se fixo anos atrás co Plan de mellora da atención primaria, posteriormente suspendido polo Goberno galego.

Para levalo a cabo, CCOO esixe unha dotación orzamentaria «clara e suficiente» para a sanidade pública, que abranga o 7,2 % do PIB (actualmente é do 5,7 %). Desta contía, o sindicato pide destinar a cuarta parte á atención primaria, fronte ao 10 % actual.

Por último, CCOO-Sanidade esixe a negociación dunha convocatoria de emprego público para este ámbito, pero non só de persoal médico e de enfermaría, senón tamén para outras categorías como fisioterapeutas, psicólogos e psicólogas, odontólogos e odontólogas, traballadoras e traballadores sociais ou matronos e matronas.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+