Información
Galicia

Denuncian que o Goberno do PPdeG na Xunta abandona edeixa sen cobertura médica o centro de saúde de Ribadeo é inadmisíbel e pon en perigo a saúde das persoas

Información
23 Marzo 2019 960 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

CentroSaudeRibadeo 1O SERGAS comunicou que hoxe reforzará cunha médica máis o centro de saúde de Ribadeo, logo da denuncia pública feita pola CIG-Saúde da Mariña alertando da situación límite na que se atopa a atención ao estar practicamente pechadas máis da metade das consultas médicas e de enfermaría dende hai un mes pola falta de cobertura das baixas e ausencias.

Dende o sindicato nacionalista explican que a dotación SERGAS para o centro de saúde de Ribadeo é de seis médicos/as pola mañá, unha médica pola tarde, seis enfermeiras pola mañá, unha enfermeira pola tarde e un pediatra ademais doutras categorías sanitarias e non sanitarias.

 

Porén, no día de onte “atopábanse pechadas tres consultas médicas e dúas de enfermaría, o mércores só había tres médicas e así practicamente todos os días dende hai máis dun mes ao non cubrirse as ausencias nin as baixas por enfermidade das traballadoras”, subliña a CIG-Saúde.

A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual. Isto é de absoluta vergoña”

Xunto a isto, destacan que a pasada semana quedaron só dúas médicas de familia para atender o cupo de seis e tamén o da pediatra xa que non foi cuberta a súa ausencia, “algo totalmente inadmisíbel e que pon en perigo a saúde das persoas”, explican. A este respecto, a CIG-Saúde da Mariña critica que o SERGAS “tomou como norma que se faltan dúas médicas, non cubrilas e se faltan tres, cubrir unha das ausencias de cando en vez”.

Non obstante, logo da denuncia pública da CIG e da repercusión que tivo nos medios locais, o SERGAS comunicaba que na xornada de hoxe reforzaría a atención no centro de saúde de Ribadeo cunha médica máis.

Abandono da Atención Primaria

“A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual”, denuncian desde a central nacionalista, unha situación que cualifican de “absoluta vergoña, que provoca frustración nas profesionais  ao non poder adicarlle ao e ás súas pacientes o tempo que consideran necesario para unha boa atención, sobrecarga asistencial e unha perda de calidade”. Non se pode prestar unha asistencia sanitaria de calidade cando os e as profesionais teñen que asumir o traballo propio e o das persoas que non son substituídas”.

Neste senso, CIG-Saúde da Mariña sinala que a única responsabilidade neste deterioro progresivo da Atención Primaria está na “incompetencia e abandono” na xestión do Goberno galego.

Dende a central nacionalista instan ao SERGAS a cubrir todas as ausencias no centro de saúde de Ribadeo e demandan ao presidente da Xunta unha "rectificación" das políticas sanitarias actuais e o cesamento do conselleiro de  Sanidade,  Jesús Vázquez Almuíña, porque “é parte do problema".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+