Información
Galicia

Torrado culpou a Feijóo de “atacar aos profesionais” e crear un sistema sanitario “de primeira e segunda categoría”

Información
28 Marzo 2019 264 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou hoxe que o goberno galego “só pode presentar o balance dun ano negro para a sanidade pública” no que se “vivimos situacións dramáticas que demostran a ineficiencia da Consellería de Sanidade”. Na comparecencia do xerente do Sergas en Comisión parlamentaria, responsabilizou a Feijóo dunha reforma sanitaria que “creou un sistema de primeira e de segunda”.

 

O parlamentario socialista responsabilizou ao goberno galego da situación de “enorme conflitividade” que se vive na sanidade pública, coa ameaza de folga en Atención Primaria, as recentes protestas do 061, Urxencias ou dos PACs. Acusou ao goberno galego de atacar “primeiro aos usuarios e agora ao eixo do sistema, que son os profesionais”, precisamente os que, dixo, “permiten que a sanidade pública se manteña en pé”.

Criticou a “sobrecarga” á que someten a estes traballadores, e esixiu que “en lugar de atacalos, escoiten as súas propostas”. Neste sentido, responsabilizou á Xunta de “non aceptar as críticas” e animoulles a adoptar un modelo proactivo que “sexa de verdade”, instando así ao goberno galego a superar unha xestión ineficaz que “sempre chega tarde” a calquera cambio de modelo.

Neste sentido propuxo incorporar a xerencia propia de Atención Primaria, a fixación de tempos de atención aos pacientes, un número máximo de consultas que sexa viable ou un contrato para o persoal estatutario e eventual.

Falla de criterio

Afeoulles o seu “cambio de criterio constante, dicindo unha cousa e a contraria ao mesmo tempo”, defendendo agora “todo aquelo que antes criticaban e buscando culpables nos cidadáns e profesionais en vez de neles mesmos".

O responsable socialista denunciou o recorte de dereitos defendido polo PP, criticando que sempre “van rápido naquilo no que deberían ir ao contrario” en referencia ás posicións do PP sobre o aborto, que esta semana repetiu o seu candidato por Madrid Adolfo Suárez Illana, e dixo “que difícil é construír unha memoria e que fácil é destrozala”.

Advertiu que a consecuencia da xestión do PP ten provocado o incremento dun nove por cento na preferencia dos cidadáns de elixir a sanidade privada antes que a pública, pasando de ser un de cada sete a un de cada catro cidadáns en dous anos.

Otros articulos relacionados.....