Información
Galicia

Denuncian que " a falta de interés de Feijóo" sobre o control de madeira ilegal nos portos galegos nos pon na picota de paises e portos piratas da madeira ilegal.

Información
29 Marzo 2019 1198 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle hoxe ao goberno galego que incremente o control sobre a madeira procedente de talas ilegais que chega aos portos galegos. A responsable socialista presentou unha pregunta oral pola entrada de madeira procedente de Brasil e Myanmar a través dos portos galegos, que se están a converter “nunha das principais portas de entrada” do produto.

 

Vilán reclamoulle ao goberno galego que dea conta das medidas postas en marcha logo de ter denunciado, hai un ano, a chegada a Vigo de lotes de madeira procedentes de Brasil, relacionadas coa masacre de Colniza, onde a tala ilegal provocou enfrontamentos que se saldaron co asasinato de 9 persoas. Esta situación foi levada pola organización ecoloxista Greenpeace á Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia, que está tramitando a correspondente investigación.

Lamentou a lentitude demostrada polo goberno galego á hora de aplicar a normativa comunitaria, que se remonta ao ano 2015, cando foi aprobado o Regulamento EUTR que obriga aos países membros a investigar a orixe dos produtos de madeira importados. Ademais, sinalou que non foi ata a chegada do goberno presidido por Pedro Sánchez, á denuncia de Greenpeace e á alerta dos socialistas galegos que o goberno galego non tomou cartas no asunto.

A responsable socialista trasladou as dúbidas amosadas polo Ministerio de Agricultura sobre a documentación que actualmente posúen os lotes de madeira para garantir a súa procedencia legal que, dixo, “para o Goberno de España non é suficiente”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+