Información
Galicia

O PPdeG pon denuncias para pedir á xustiza paralizar a a apertura de residencias e “está a empregar fondos públicos" para tentar paralizalas de xeito inmediato deixando aos soliictantes tirados nas ruas

Información
30 Marzo 2019 961 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Recurso contra a apertura das residencias
Presidente e Alcaldes explicaron que “o PP coa súa maioría absoluta en SUPLUSA permitiu a interposición do primeiro recurso contencioso administrativo contra as residencias, pedindo medidas cautelares para frear a apertura dos centros”

Se a xustiza non di o contrario, en ditos meses abrirán os centros de Trabada, Ribadeo, Pol e A Fonsagrada. Onte abriuse a solicitude de prazas para Trabada con 10 veciños interesados e Ribadeo con 16. Constan 15 interesados no de Pol e 20 no da Fonsagrada

“As residencias vanse abrir respectando á xustiza, na que confiamos. Nunhas semanas aflorará todo o traballo que fixemos neste mandato para poder ofrecer aos nosos veciños estes servizos dende as institución locais e sen axuda algunha do PP”

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e os Alcaldes da Fonsagrada, Pol, Ribadeo, Trabada, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil denunciaron conxuntamente este xoves que “o Partido Popular non quere que abran as residencias” e “está a empregar fondos públicos para tentar paralizalas de xeito inmediato, posto que presentou recursos contenciosos nos que reclaman medidas cautelares en contra dos centros, cargando isto ás arcas de SUPLUSA. Por moito que lle pese ao PP, imos a seguir coa nosa folla de ruta e co noso traballo para abrir entre abril e maio as primeiras residencias”.

Sempre que a xustiza non diga o contrario, autorizando ditas medidas cautelares, en abril e maio poderán abrir os centros de maiores de Trabada, Ribadeo, Pol e A Fonsagrada. Pois onte mesmo, arrancaron os procesos de solicitude das prazas das residencias de Trabada e Ribadeo que precisamente están a desenvolver os traballadores sociais da Deputación recentemente contratados para os centros de maiores xunto aos dos Concellos. A día de hoxe, a residencia de Trabada conta con 10 posibles usuarios e a de Ribadeo con 16. En Pol hai 15 maiores interesados e na Fonsagrada 20.

Trabada e Ribadeo conta coas prestacións de limpeza, cociña e asistencia básica contratadas. Mañá aprobarase en Xunta de Goberno estas mesmas prestacións para o centro de Pol e a semana seguinte as necesarias para o da Fonsagrada. Tamén mañá se aprobará a compra de sábanas, toallas, babeiros...é dicir, todo o material de lencería que se require. Ademais de traballadores sociais, a Deputación conta con psicólogos e ATS para as residencias. A vindeira semana, terán lugar os procesos de selección pública de terapeutas ocupacionais e fisioterapeutas, e rematarán os de administrativo, tendo deste xeito todo o persoal público da Deputación necesario para o funcionamento dos centros. Están os convenios, regulamentos e ordenanzas, así como os PIA das residencias de Trabada, Pol e Ribadeo. Agárdase que a Xunta conceda o da Fonsagrada.    

“Se todo transcorre con normalidade, é dicir, se as intencións do PP fracasan e non se admiten as medidas cautelares, non hai problemas relativos ás contratacións que estamos a facer e a Xunta nos conceden o PIA da Fonsagrada, poderíamos abrir estes 4 centros entre abril e maio con 200 prazas de residencia e centro de día, facendo realidade un proxecto pioneiro, pois institucións locais poríamos a disposición dos nosos maiores servizos públicos de residencia e centro de día nas súas localidades ou Comarcas, con prioridade de acceso para lucenses e con prezos en base a súa capacidade económica para que todos, con independencia da súa situación, poidan contar con estas prestacións sociais”, explicou Campos Conde.

Contenciosos administrativos e medidas cautelares
Presidente e Alcaldes explicaron que “o Partido Popular, facendo uso da súa maioría absoluta no Consello de Administración de SUPLUSA, a que lle outorgan os Deputados e tamén Alcaldes do PP en Mondoñedo, Begonte, Outeiro de Rei, Guntín, ademais do alcaldable popular en Sarria, autorizo a presentación do primeiro recurso contencioso administrativo, pedindo a paralización inmediata das residencias de Pol e A Fonsagrada. Chegarán novos contenciosos, posto que o Partido Popular xa aprobou presentalos tamén contra a apertura das residencias de Trabada e Ribadeo e as obras de construción da de Guitiriz, que imos a poñer en marcha seguidamente logo de contratalas o pasado venres. Previsiblemente, farán o mesmo coas residencias de Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil, Meira e Navia de Suarna, posto que xa reclamamos a SUPLUSA, é dicir, ao Partido Popular que ten a maioría absoluta neste organismo no que unha soa persoa nada pode facer, que as entrega á Deputación para poder poñelas en marcha respectando sempre a autonomía local dos Concellos”.  

“Grazas a todos os alcaldes e ex-alcalde do PP”
O Alcalde de Pol, Lino Rodríguez, destacou que “en primeiro lugar quero dar as gracias a este equipo de Goberno encabezado por Darío Campos e a todos os xurídicos desta casa que fixeron posible que a residencia de Pol avanzara e estea nunha situación de poder abrir as súas portas. Precisamente, este sábado temos unha xornada de portas abertas e teño claro que a residencia de Pol se vai a abrir, respectando sempre a xustiza que sigo confiando nela. Tamén quixera pedirlle perdón aos meus veciños porque levamos un retardo de algún tempo e isto é motivado pola actuación do Partido Popular. Xa cando puxemos a primeira pedra estaba aí o PP, e isto é público e notorio, criticando a súa apertura porque era un endebedamento para o Concello, dicían. Eles o que non querían é que se fixera e se abra. Chegado a este punto, quero darlle as grazas á Presidenta do PP e Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, a Jesús Carreira Ferreiro, José Ulla Rocha, José Antonio García e a José Pardo Lombao, todos eles alcaldes e ex-alcalde, pois gustaríame saber que pensarían se o alcalde de Pol estivera impulsando un recurso para que non se puidera abrir unha residencia no seu Concello”

“Os que negaron a residencia e queren parar a súa apertura, son os da foto no centro”
O Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, destacou que “o PP non fixo máis que interpoñer problemas. Na Fonsagrada xa non quixeron nin facela dende a Xunta e fíxoo a Deputación. Aqueles que nola negaron, os que agora piden medidas cautelares para que non se abra, son os mesmos que foron ao Centro de Maiores da Fonsagrada a sacarse unha foto co alcaldable do PP para vanagloriarse do bo traballo feito nesta dotación pública, tan demandando polos veciños e pola que tantos anos levamos loitando. O PP xa non engana a ninguén pois os veciños da zona xa falan de que esta xente o que debería facer era traballar e apoiar a apertura da residencia e non bloqueala como fixeron e fan. Se non tiveran posto tantos paus nas rodas, xa podería ter aberto”.
 
“Incongruencia”
O Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, destacou que “vexo que os concelleiros do PP en Ribadeo votan que si unanimemente a todos os acordos sobre a residencia para xestionala dunha maneira conveniente e baixo amparo legal e logo vexo como persoas do PP na Deputación pretenden desmontar todo isto. É unha total incongruencia. En Ribadeo máis aínda cando a residencia nunca tivo que ver con SUPLUSA e agora acordan isto. Non teñen lexitimidade. Parece que lles doa que o poder local entre Concellos e Deputación saquemos adiante sen axuda ningunha da Xunta este pioneiro proxecto”.

“Nunhas semanas vai aflorar todo o que fixemos”
A Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, explicou que “dentro dunhas semanas vai aflorar todo o traballo que fixemos durante todo este mandato dende a Deputación e os Concellos: acabar as obras, equipar as residencias, tramitar PIA, elaborar ordenanzas, regulamentos...todo o que nos vai a permitir ofrecer un bo servizo e con garantías para os nosos maiores. Sen dúbida, estes anos trasladouse unha imaxe de moitos conflitos ao redor deste servizo. Para nós foi moi un traballo moi gris, moi duro, con moitos debates porque o que tiñamos claro todos os alcaldes é que tiñan que ser os nosos veciños os que se beneficien destas instalacións. Custou moito artellar isto e que fose economicamente sostible para as administracións locais, que temos menos recursos, e que non contamos coa colaboración da Xunta, pois todos sabemos que debería subvencionar as prazas, máis aínda coas pensións dos nosos veciños, e non quixeron facelo. Lonxe de atopar facilidades e apoio, tanto aquí na Deputación como na Xunta, o Partido Popular o que fixo por poñer paus nas rodas, desprestixiar este proxecto e xerar moitas dúbidas á cidadanía... e vaise abrir? Para cando? Non ides dar aberto. Non ides a ser vós, vai ser SUPLUSA....Eu creo que xa cansa esta situación. Honestamente, quero trasladar que si imos abrir as residencias, darlle estes servizos aos nosos veciños, que detrás de todo isto houbo un traballo moi intenso durante case 4 anos, que tivemos moitos paus nas rodas, que nunca mentimos aos nosos veciños e que o servizo vai a ser en primeiro lugar para eles. Se non fora polo traballo conxunto de Concellos e Deputación isto non sería posible. Xa poderían estar aberta se o PP non houbese enredado dese xeito. Ímolas abrir e non porque veñan as eleccións. Vai a ser en abril e maio porque non puidemos facelo antes e isto tamén o debe saber a xente”.  

“Persoas non gratas”
O Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo Magdalena, subliñou que “encontrámonos con obstáculos de todo tipo, que nos interpuxeron dende un chiringuito que manexa o Partido Popular. Pero xa interpoñer recursos contenciosos e pedir medidas cautelares non se poden consentir. Porque agora son estas residencias pero logo virán as seguintes e tamén lle tocará a de Pedrafita. Nunca tomaría nunha decisión que prexudicara ao meu Concello nin a outro. Os Alcaldes temos que ser construtivos e os Deputados tamén, sabendo o lugar que ocupan en defensa dos intereses dos veciños de todos os Concellos da provincia. Deben ser declarados persoas non gratas, pois están intentando facer todo o posible para destruír, para non poder ofrecer aos nosos veciños un servizo público e social fundamental nos nosos municipios”.  

O Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega, destacou que “isto é unha pataleta do PP que non sabe como facer para prexudicar ao Goberno da Deputación, pero a quen danan realmente son aos nosos veciños”.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+