Imprimir

Patrimonio Natural constata un risco moi alto ( de envenenamento ) para a poboación e o ambiente do proxecto mineiro de Touro

Información
Galicia | 09 Abril 2019 | 1958 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

No océano da documentación administrativa do proxecto mineiro de Touro, seguimos atopando informes que son un tesouro. Un dos últimos, que non o derradeiro, recolle a resposta que a D. X. de Patrimonio Natural da Xunta vén de emitir á actualización do proxecto presentado por Cobre San Rafael. 
En xuño de 2018 diversos departamentos da Xunta (Augas, Medio Rural, Sanidade, Medio Ambiente) emitiron informes sectoriais moi críticos co proxecto mineiro. Subliñaban unha manchea de carencias e inexactitudes que ían provocar contaminación das traídas, dos acuíferos, da atmosfera, risco de derrubamento, etc. En resposta, Cobre San Rafael pedíu a suspensión dos prazos administrativos para presentar unha “actualización” do proxecto, na práctica unha “mina 2.0”, coa que saír ao paso das graves eivas atopadas polas administracións. 



Dende entón, a mineira veu tentando tapar as fendas do seu proxecto mutante que a cada pouco abrían os novos informes administrativos, pedindo tras cada un que pararan os prazos, e apremiando tras cada resposta o remate da tramitación. Así até principios de febreiro deste ano, cando tras o último informe da D. X. de Patrimonio Natural a mineira solicitou unha suspensión de 4 meses na tramitación da DIA (Declaración de Impacto Ambiental).

O detonante desta última solicitude de graza de Cobre San Rafael é un demoledor informe da D. X. de Patrimonio Natural (Medio Ambiente), emitido sobre a “actualización 2.0” do proxecto mineiro. Neste informe faise referenza a aspectos críticos dos impactos do proxecto, que ou ben non son contemplados ou as propostas da mineira resultan insuficientes. Entre eles: 

Finalmente, a D. X. de Patrimonio Natural conclúe que “dadas as carencias subliñadas no apartado precedente [...] non se pode facer unha análise e avaliación precisa sobre os efectos sobre o patrimonio Natural e a Biodiversidade” […] “non dando cobertura a actual documentación ao requerido”. Tal e como acontecera coa primeira versión, nesta “actualización” do proxecto a administración constata “a esistencia dun risco moi alto de falla e con consecuencias, por tanto, sobre poboacións humanas e medio ambiente”

Á vista destas contundentes conclusións, fica claro que o proxecto mineiro de Touro está ferido de morte. En consecuencia, dende ADEGA instamos á consellaría de Medio Ambiente a que non demore máis unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa. Son xa máis de dous anos de tramitación dun proxecto que con cada nova mutación evidencia máis fendas, riscos e preocupantes omisións… Abonda pois de compoñendas: a Xunta ten suficientes argumentos para deixar de marear papeis e botar o peche a este perigoso e caótico proxecto.

Descargas

Novas relacionadas

Categoría: Galicia
Visto: 1958